Ir al contenido principal

Entradas

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021

a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizadonos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.   A contía da axuda para a liña A, axuda ao alugamento de vivenda, será do 40 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. Non obstante, para as persoas beneficiarias que na data de presentación da solicitude teñan máis de 65 anos, esta axuda será do 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e perma...

PROGRAMA BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS ANO 2018

Obxecto Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Persoas beneficiarias As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional  de maneira ininterrompida a data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e  que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF, anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima  anual de 12.000 euros IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria. Quedan excluídas desta orde: a) Os familiares que, de xeito habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas, que non teñan a condición de traballadores por conta allea conforme ao establecido no art. 1.3e) do Texto Refund...

Programa a prol da contratación e formación das persoas mozas

Inclúense dous tipos de axuda compatibles: a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para os contratos cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos. b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea   para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas rematará o 30 de setembro de 2018 ou, no momento ...

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA DAS PERSOAS GALEGAS RETORNADAS

Finalidad / Objetivo Promover o retorno das persoas emigrantes galegas a través do fomento do autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega, subvencionando os gastos que leva consigo o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado. Tipos de apoyo Subvención en réxime de concorrencia non competitiva en réxime de mínimis. Beneficiarios potenciales Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega: 1. As persoas galegas e nacidas en Galicia. 2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes das persoas galegas e nacidas en Galicia ata o segundo grao de consanguinidade incluído. 3. As persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior convocadas pola Secretaría...

Subvencións para a instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex, así como en vivendas unifamiliares, que carezan deles

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de maio ou, ata esgotamento do crédito orzamentario. 1. Será subvencionable a instalación de ascensores, de elevadores, de salvaescaleiras e demais dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, que carezan deles. 2. Serán subvencionables as actuacións preparatorias que se realizasen antes da data da presentación da solicitude, os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios e os gastos derivados da tramitación administrativa. Así mesmo, serán subvencionables os custos en equipamentos, en materiais, en obra civil e en man de obra necesarios para a instalación dos dispositivos de accesibilidade. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos. 3. Non serán obxecto de subvención as actuacións en que se iniciasen as obras antes da data de presentación da ...

Subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 1 de marzo de 2018 1. Implantación de solucións dixitais para a adaptación das empresas comerciais e artesanais ás novas tendencias do mercado. En concreto, considéranse gastos subvencionables: a) A implantación ou actualización de páxinas web comerciais e a mellora da imaxe en liña dirixidas á comercialización dos seus productos b) A loxística dixital a través do deseño e implantación dun packaging para a venda en liña adecuado ás características do produto e á imaxe e identidade da empresa comercial ou artesanal, dirixidas á mellora da comercialización e da imaxe. c) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa. d) Os servizos de xestión de redes sociais. A axuda consistirá nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolverá en colaboración coa Fe...

Subvencións a entidades privadas para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018

En concreto, poderán ser obxecto de subvención, os seguintes investimentos: 1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. 2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística. 3 Actuacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría. 4 Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa imple­mentación de medidas de aforro enerxético. 5. Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións, así como em­belecemento do contorno. 6. Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do esta­blecemento de aloxamento. Serán gastos subvencionables os seguintes: a) Servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección de obra. Os honorarios técnicos non serán superiores a...