DOG 1 de xullo de 2020. Obxecto: Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica. Beneficiarios: - As entidades sen ánimo de lucro. - Empresas legalmente constituídas e autónomos. Investimentos subvencionables: 1. O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares, bomba de calor, caldeira…). No caso da biomasa o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas). 2. O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema. 3. O custo do sistema de almacenamento do combustible. 4. O custo do sistema de alimentación do combustible. 5. O custo de montaxe e conexión. 6. No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captac
Blog do Concello de Cortegada, onde atoparás información sobre subvencións e eventos que poidan ser do teu interese