Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de maio. A presentación será unicamente por medios electrónicos. Beneficiarios: As pequenas empresas situadas en zonas rurais. Autónomos. Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación Serán subvencionables os proxectos destinados á ampliación e/ou modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade: a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación. b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea inc
Blog do Concello de Cortegada, onde atoparás información sobre subvencións e eventos que poidan ser do teu interese