Ir al contenido principal

Subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 1 de marzo de 2018

1. Implantación de solucións dixitais para a adaptación das empresas comerciais e artesanais ás novas tendencias do mercado.
En concreto, considéranse gastos subvencionables:
a) A implantación ou actualización de páxinas web comerciais e a mellora da imaxe en
liña dirixidas á comercialización dos seus productos
b) A loxística dixital a través do deseño e implantación dun packaging para a venda en
liña adecuado ás características do produto e á imaxe e identidade da empresa comercial ou artesanal, dirixidas á mellora da comercialización e da imaxe.
c) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de
recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.
d) Os servizos de xestión de redes sociais. A axuda consistirá nun tícket para a xestión
de redes sociais, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolverá en
colaboración coa Federación Galega de Comercio, durante o ano 2018.

2. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo.
En concreto, considéranse gastos subvencionables:
a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda
do local comercial.
b) Adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.


4. Non se consideran gastos subvencionables:
Nas actuacións contidas no número 1:
– A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, impresoras, televisores, reprodutores de son e imaxe e TPV.
– Bolsas convencionais.
– Accións de publicidade e de posicionamento na rede.
Nas actuacións contidas no número 2:
– As obras ou actuacións en cuartos de baño, oficinas, almacéns e outras dependencias non afectas ao uso da actividade de exposición e venda.
– Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.
– A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.
– A adquisición de materiais ou outros elementos para a realización das obras polo propio solicitante.
– A adquisición de moblaxe e artigos de exposición e proba, susceptibles da venda posterior ao público, e de expositores de carácter temporal ou de uso exclusivo en campañas promocionais.
– A adquisición de televisores e reprodutores de son ou imaxe


Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS PARA A APICULTURA

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores. b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2017 Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170328/AnuncioG0426-170317-0002_gl.pdf

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos esteblecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

Prazo de presentación: ata o 4 de marzo de 2021 1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos: a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos , de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. Enlace á Lei 7/2011.  https://www.boe.es/buscar/pdf/2011/BOE-A-2011-19058-consolidado.pdf 2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021 e en ningún cas...