Ir al contenido principal

Subvencións a entidades privadas para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018

En concreto, poderán ser obxecto de subvención, os seguintes investimentos:
1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
3 Actuacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
4 Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa imple­mentación de medidas de aforro enerxético.
5. Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións, así como em­belecemento do contorno.
6. Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do esta­blecemento de aloxamento.
Serán gastos subvencionables os seguintes:
a) Servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección de obra. Os honorarios técnicos non serán superiores ao 6 % do investimento neto admitido
b) Bens de equipamento, comprendidos no proxecto, que deben ser empregados me­diante instalacións fixas, sempre que constitúan complemento natural da obra. Non se considera subvencionable o equipamento que non cumpra estas condicións.

Non son gastos subvencionables as obras de mantemento do establecemento, entendendo por tales as que se realizan periodicamente para manter a edificación en perfecto uso (limpeza de canlóns, pintura, arranxos de carpintaría...).
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as entidades ou empresas que teñan autorizado ou clasificado conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Tu­rísticas da Xunta de Galicia o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda


Prazo de presentación de axudas: ata o 23 de febreiro


Máis información:

Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS PARA A APICULTURA

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores. b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2017 Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170328/AnuncioG0426-170317-0002_gl.pdf

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos esteblecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

Prazo de presentación: ata o 4 de marzo de 2021 1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos: a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos , de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. Enlace á Lei 7/2011.  https://www.boe.es/buscar/pdf/2011/BOE-A-2011-19058-consolidado.pdf 2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021 e en ningún cas...