Programa II. Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e formación de persoas asalariadas (TR349F)
Inclúense dous tipos de axuda compatibles: a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia. b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e o 4 de agosto de 2021 deberán presentarse ata o 4 de outubro de 2021. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde o día 5 de agosto de 2021 deberán solicitars