As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos. Programa I. Axudas para a promoción do emprego autónomo. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte ós distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral. Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e as condicións establecidos nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive. Contía da subvención: De 2.000 a 4.000 euros Prazo de presentación: ata o 30 de setembro de 2017. Programa II. Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar, para o
Blog do Concello de Cortegada, onde atoparás información sobre subvencións e eventos que poidan ser do teu interese