Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS EMPRESARIAIS E DE AUTOEMPREGO. Proxecto emprendOU

Subvencións   en réxime de concorrencia non competitiva , a persoas físicas que leven a cabo proxectos empresariais e/ou de autoemprego en municipios rurais na provincia de Ourense durante o exercicio 2019, no marco do proxecto EmprendOu. Requisitos dos beneficiarios e dos proxectos empresariais. 1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas que, a partir do 8 de xaneiro de 2019, desenvolvan actividades empresariais ou profesionais por conta propia sempre que cumpran ademáis os seguintes requisitos, referidos á data de inicio da actividade   subvencionable ou á data específica que se indica en cada caso: a) Ser maior de 16 anos e menor de 30 anos de idade. b) Atoparse inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil c) Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou de Suíza, ou ser estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para

Bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para gastos de investimento de asociación veciñais de Ourense correspondentes ao exercicio 2019

Poderán ser beneficiarias das subvencións as asociación veciñais que reúnan os seguintes requisitos na data de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria: a) Estar inscritas no Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense, dependente da Xunta de Galicia. b) Ter o seu domicilio social na provincia de Ourense, circunstancia que deberá constar na inscrición no rexistro da Xunta de Galicia. O prazo improrrogable de presentación rematará o 28 de xuño de 2019 Consideraranse subvencionables todos os gastos de capital propios da asociación veciñal que correspondan ao exercicio 2019, debendo ter sido contraída a obrigación correspondente e emitida a oportuna factura dentro deste exercicio. Terán a consideración de gastos de capital todos os que supoñan un incremento do patrimonio da asociación, tales como obras de calquera clase, adquisición de inmobles ou adquisición de bens mobles de carácter inventariable. Máis información https://bop.depourense.es/portal/

Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019

Axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que unha vez finalizado o seu período de descanso por nacemento contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral. Mediante a presente axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial. Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano unha vez rematado o seu período de descanso por nacemento, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde. Serán subvencionables as contratacións que se realicen cunha duración mínima de seis meses que cumprindo cos requisitos enumerados no parágrafo anterior se inicien entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019. O imp