Liña 3. Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballo. Poderán ser beneficiarias desta liña: As medianas, pequenas empresas e microempresas, así como as persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras ao seu cargo, que teñan o seu domicilio social e polo menos un centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Ningunha empresa poderá percibir unha contía cuxo importe supere o 50 % do custo subvencionable realizado nela, e o límite máximo nunca poderá exceder un total de 15.000 euros. Accións subvencionables 1. Serán subvencionables os investimentos en prevención de riscos laborais para uso propio da empresa (exclúense os adquiridos para venda ou alugamento), sempre que a mellora da necesidade preventiva quede reflectida na avaliación de riscos e estea recollida na planificación da actividade preventiva a que se refire a Lei 31/1995, do 8 d
Blog do Concello de Cortegada, onde atoparás información sobre subvencións e eventos que poidan ser do teu interese