Beneficiarios persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas. Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE. Se a entidade solicitante está dada de alta no IAE en máis dunha actividade econó- mica e algunha delas non é subvencionable, segundo o anexo II das bases reguladoras, deberá xustificar cal delas é a principal Epígrafes do IAE: 641, 642, 643, 644, 645, 647.1, 647.2, 647.3, 651, 652.2, 652.3, 652.4, 653, 654.2, 654.5, 657, 659.2, 659.3, 659.4, 659.5, 659.6, 659.7, 661.3, 662.2, 663 Actuacións subvencionables: 1. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto técnico de decoración e interiorismo. En concreto, considéranse gastos