Ir al contenido principal

Outras Axudas

Axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común. MR651C


Estas axudas divídense en catro tipos e actuacións:
 
a) Actuación 1. Servizo de apoio técnico para a xestión forestal.
b) Actuación 2. Revisión de esbozos das carpetas-ficha en CMVMC. 
c) Actuación 3. Deslindamentos parciais entre CMVMC. 
d) Actuación 4. Deslindamentos parciais entre a CMVMC e propiedades particulares.

A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 %. O IVE non é subvencionable

O servizo de apoio técnico consistirá na contratación do dito servizo técnico, de carácter forestal, con persoas físicas que sexan técnico competente en materia forestal, consonte a definición disposta no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ou xurídicas inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor), co fin de subministrar á CMVMC o necesario soporte técnico para o impulso da súa boa gobernanza.

Prazo de presentación: ata o 24 de marzo de 2021.



Actuacións subvencionables:

SERVIZO DE APOIO TÉCNICO PARA A XESTIÓN FORESTAL:

A) Xestión administrativa e obrigas legais. Para un máximo de 1.500 €:
A.1) Organización asemblea xeral: 
CMVMC≤40 persoas: 200 € 
CMVMC>40 persoas: 400 € 
A.2) Renovación xunta reitora: 
CMVMC≤40 persoas: 100 € 
CMVMC>40 persoas: 150 € 
A.3) Actualización censo comuneiros: 
CMVMC≤40 persoas: 100 € 
CMVMC>40 persoas: 200 € 
A.4) Actualización libro de contas:
MVMC≤220 ha clasificadas: 200 € 
MVMC>220 ha clasificadas: 250 € 
A.5) Presentación e aprobación instrumento de ordenación ou xestión forestal (IOXF): 
MVMC≤220 ha clasificadas: 100 € 
MVMC>220 ha clasificadas: 200 € 
A.6) Xornadas divulgativas: 
CMVMC≤40 persoas: 200 € 
CMVMC>40 persoas: 300 € 
A.7) Outras: 
CMVMC≤40 persoas: 50 €
CMVMC>40 persoas: 100 € 

B) Xestión específica do desenvolvemento do instrumento de ordenación ou xestión forestal (IOXF): B.1) Informe técnico anual e de planificación do ano seguinte: 
MVMC≤220 ha clasificadas: 600 €
 MVMC>220 ha clasificadas: 800 € 
B.2) Organización de poxas de produtos forestais: 600 € 
B.3) Seguimento, organización e control dos aproveitamentos madeirables: 
Cortas finais: 500 € 
Claras: 1.000 € 

C) Xestión relacionada coa certificación forestal do monte: 
C.1) Primeira certificación: MVMC≤220 ha clasificadas: 1.250 €
CMVMC>220 ha clasificadas: 1.550 € 
C.2) Certificación de mantemento: 
MVMC≤220 ha clasificadas: 600 € 
MVMC>220 ha clasificadas: 800 €

D) Outras actuacións relacionadas co MVMC, tales como: obtención de permisos administrativos, redacción de proxecto, memorias ou informes, tramitación axudas públicas, direccións de obra: 100 € por actuación para un máximo de 1.000 €. 

Non se concederá unha axuda a unha entidade beneficiaria nesta acción 1 por máis de: 5.500 € CMVMC≤40 persoas comuneiras e MVMC≤220 ha 7.000 € CMVMC≤40 persoas comuneiras ou MVMC≤220 ha clasificadas (non cumprindo ambas as dúas condicións ao mesmo tempo) 8.000 € CMVMC>40 persoas comuneiras e MVMC>220 ha clasificadas 



2 Revisión de esbozos das carpetasficha en montes veciñais en man común (MVMC). P= importe máximo en euros. L= km de perímetro. P= 350* (L+3) 

3 Deslindamentos parciais entre CMVMC. P= importe máximo en euros. L= km de perímetro. P= 600* (L+3) 

4 Deslindamentos parciais entre CMVMC e propiedades particulares. P= importe máximo en euros. L= km de perímetro. P= 700* (L+3)




Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS PARA A APICULTURA

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores. b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2017 Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170328/AnuncioG0426-170317-0002_gl.pdf

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos esteblecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

Prazo de presentación: ata o 4 de marzo de 2021 1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos: a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos , de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. Enlace á Lei 7/2011.  https://www.boe.es/buscar/pdf/2011/BOE-A-2011-19058-consolidado.pdf 2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021 e en ningún cas...