Ir al contenido principal

Subvencións para a instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex, así como en vivendas unifamiliares, que carezan deles


Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de maio ou, ata esgotamento do crédito orzamentario.

1. Será subvencionable a instalación de ascensores, de elevadores, de salvaescaleiras e demais dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, que carezan deles.
2. Serán subvencionables as actuacións preparatorias que se realizasen antes da data
da presentación da solicitude, os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios e os gastos derivados da tramitación administrativa. Así mesmo, serán subvencionables os custos en equipamentos, en materiais, en obra civil e en man de obra necesarios para a instalación dos dispositivos de accesibilidade. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
3. Non serán obxecto de subvención as actuacións en que se iniciasen as obras antes
da data de presentación da solicitude.
4. Subvencionarase a instalación de dispositivos de accesibilidade complementarios ao ascensor ou ao elevador cando as limitacións de accesibilidade do edificio ou vivenda así o requiran.


Contía da subvención: 60% da subvención (de 1.000 a 25.000 euros, dependendo da tipoloxía)


Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180326/AnuncioG0423-150318-0001_gl.pdf

Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS PARA A APICULTURA

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores. b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2017 Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170328/AnuncioG0426-170317-0002_gl.pdf

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos esteblecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

Prazo de presentación: ata o 4 de marzo de 2021 1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos: a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos , de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. Enlace á Lei 7/2011.  https://www.boe.es/buscar/pdf/2011/BOE-A-2011-19058-consolidado.pdf 2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021 e en ningún cas...