Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos esteblecementos turísticos de aloxamento.
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas de establecementos de aloxamento turístico. Consideraranse actuacións subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2019. Gastos subvencionables . 1. Considéranse gastos subvencionables os investimentos netos en que incorrese a entidade solicitante c