Ir al contenido principal

Outros Concellos

“XLIX CURSO DE SAÚDE AMBIENTAL”

Organiza
Concello de A CAÑIZA
Patrocinadores oficiais
Xunta de Galicia, Novacaixa Galicia, Deputación de Pontevedra, Aquagest, Iberdrola e Sogama.
Obxecto
Integración da dimensión dos aspectos ambientais da saúde na formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente e saúde, coa finalidade de actualizar a súa formación e adecuar as esixencias que demanda a sociedade actual, para que contribúa a mellorar a xestión e as condicións de vida urbana dos cidadáns.
Establecer un foro de debate e estudo da situación ambiental da Comarca da Paradanta, dos seus problemas e carencias que se consideran máis importantes, así como das posibles solucións que se deberán adoptar; ademais de permitir a cooperación e o diálogo entre todos os axentes sociais implicados no tema, fomentando a creación de núcleos de sostibilidade.
Destinatari@s
- Técnic@s, funcionari@s e responsables políticos da Administración Local, Provincial e Autonómica, que desenvolvan a súa actividade ou estean relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo.
- Profesorado da Universidade, de Ensino Secundario e Formación Profesional que desenvolva a súa actividade ou estea relacionado/interesado nas áreas obxecto de estudo.
- Técnic@s e xestores de empresas que desenvolvan a súa actividade nos departamentos de calidade, medio ambiente e prevención de riscos laborais.
- Profesionais libres, titulados superiores e diplomados, técnicos superiores e de grao medio que desenvolvan a súa actividade ou estean relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo.
- Estudantes universitarios e dos ciclos formativos de formación profesional relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo (saúde ambiental, química ambiental, xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos, traballos forestais e de conservación do medio natural, explotacións agrarias extensivas, etc.).
Datas
Do 23 ao 25 de novembro de 2011.
Horario
De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas (mércores, xoves e venres). O xoves, de 10:00 a 14:00 horas Terán lugar as visitas prácticas (opcionais).
Lugar
Salón de Plenos do Concello de A Cañiza. (Rúa Oriente,11-36880 A Cañiza)
Notas
- O alumnado que participe con regularidade nas sesións programadas do curso, que consta de 30 horas lectivas, recibirá un diploma acreditativo de asistencia.


XORNADA: "XORNADAS SOBRE EMPREGABILIDADE XUVENIL "
Organiza
UNED Ourense e Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)-Concello de Ribadavia.
Colaboran: Concello de Ribadavia e Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.
Obxecto
Estas xornadas ofrecen charlas e obradoiros de capacitación que fortalecen as habilidades persoais que facilitan buscar ou integrarse nun emprego. Durante a súa participación nas xornadas os participantes profundizarán nas temáticas de comunicación interpersoal; desenvolvemento persoal; iniciativa e emprendemento; e planificación e xestión de proxectos
Destinatario
Titulados universitarios, estudantes, demandantes de emprego e interesados en xeral.
Outorgaráselle diploma aos que asistan a un mínimo do 85% das actividades.
Datas
21 e 22 de outubro de 2011.
Horario
Día 21  de outubro de 16 horas a 21 horas
Día 22 de  outubro  de 9 horas a 14 horas
Lugar
Salón de Plenos do Concello de Ribadavia, Praza Maior, 32400 Ribadavia (Ourense).
Notas
Prazo de Matrícula: Do 26 de setembro  ao  19 de outubro de 2011.
Máis información
Tasas de matriculación:
Ordinaria: 15 EUR
Demandantes de emprego: gratuíta (xustificar con tarxeta de demandante de emprego vixente)
Pago:
Nº Conta Caixanova: 2080 - 5252 - 90 - 3040256790
Concepto: EMPREGO XUVENIL





CURSO DE FORMACIÓN XERONTOLÓXICA NO CONCELLO DE CRECENTE



Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos esteblecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

Prazo de presentación: ata o 4 de marzo de 2021 1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos: a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos , de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. Enlace á Lei 7/2011.  https://www.boe.es/buscar/pdf/2011/BOE-A-2011-19058-consolidado.pdf 2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021 e en ningún cas...

AXUDAS PARA A APICULTURA

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores. b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2017 Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170328/AnuncioG0426-170317-0002_gl.pdf