Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17)
As entidades colaboradoras do programa Reforma17 son as encargadas de tramitar a solicitude de axuda. O prazo de adhesión das entidades colaboradoras ata o día 27 de outubro de 2017. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 11 de outubro e finalizará o 17 de novembro de 2017 agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/reforma17 a relación actualizada en todo momento dos establecementos de venda adheridos ao programa. 1. Serán subvencionables as operacións de adquisición de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño realizadas nun establecemento de venda adherido, que cumpran as seguintes condicións: a) Adquirir un ou varios bens obxecto de subvención nalgún dos establecementos de venda adheridos á presente iniciativa. b) Para ser subvencionable unha operación de compra deberá acadar un custo mínimo de 1.000 € (sen incluír IVE). c) A subvención máxima que percibi