Adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comerciantes retallistas galegos. As solicitudes de subvención serán atendidas respectando a sua orde de entrada sen comparación con outras solicitudes, ata esgotamento do crédito dispoñible. Cada subvención acadará máximo o 70% do investimento subvencionable, co límite máximo e nas condicións establecidas para cada modalidade na orde de convocatoria. O IVE non será subvencionable. Os solicitantes poderán optar a unha ou varias das 5 modalidades de subvención, sen que poidan en ningún caso superar polo conxunto de subvencións a que concorran, o límite máximo de investimento subvencionable de 2.142,8 euros, ive excluído. Conceptos subvencionables: MODALIDADE A. Adquisición dun ordenador portátil ou de escritorio, segundo as seguites opcións, das cales únicamente se poderá financiar unha por beneficiario/a: A) Opción 1: ordenador portátil cun importe máximo custo equipamento de 400 € e requisitos mínimos
Blog do Concello de Cortegada, onde atoparás información sobre subvencións e eventos que poidan ser do teu interese