Ir al contenido principal

Subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021

 Estas axudas xestionaranse coa intervención de entidades colaboradoras.

Convócanse en réxime de concorrencia non competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 3 de marzo, ás 9.00 horas, e finalizará o 1 de xullo de 2021.

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos para subministración en vivendas ou inmobles de carácter residencial.


1. Serán subvencionables:

 a) Os paneis solares fotovoltaicos. 

b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipamentos de medidas, etc), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistema de acumulación con baterías

 c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

 d) O custo da montaxe e o conexionado, a dirección de obra.

 e) IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.


2. Non son subvencionables: 

a) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral. 

b) Os gastos anteriores á presentación da solicitude. 

c) Equipamento e materiais de segunda man. 

d) As obras de mantemento e os gastos de alugamento. 

e) As taxas e licenzas administrativas. 


A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, tendo en conta o seu orzamento e os requisitos específicos recollidos no artigo 5 das bases reguladoras. A contía máxima por proxecto será de 25.000 €. Na procura de instalacións de potencia racionais, establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de litio de potencia igual ou superior a 4 kWh, incrementarase en 1.500 €.

Máis información:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN421O

Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS PARA A APICULTURA

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores. b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2017 Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170328/AnuncioG0426-170317-0002_gl.pdf

AXUDAS A FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS PARA O SEU FUNCIONAMENTO E PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

Obxecto: subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro. A contía da subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xullo