Axudas extraordinarias e de reforzo COVID-19 a persoas emigrantes galegas retornadas (DOG 17/02/2021)
– Liña 1 «Axudas extraordinarias»: teñen por finalidade axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno.
– Liña 2 «Axudas reforzo COVID-19»: teñen por
finalidade apoiar a unidade familiar polas dificultades de inserción
sociolaboral no contexto actual de pandemia.
O procedemento de concesión
tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva. A concesión destas
axudas efectuarase atendendo en todo caso á data de presentación de cada unha
das solicitudes con toda a documentación relacionada no artigo 9 e estará, en
calquera caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias
destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con
nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma
galega:
a) As persoas galegas e nacicidas en Galicia.
b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á
conxugal das persoas galegas e nadas en Galicia.
c) Os descendentes por
consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Quedan excluídas da liña de
axudas extraordinarias desta convocatoria tanto as persoas que solicitasen a
axuda e resultasen beneficiarias dela nas dúas convocatorias anteriores como o
resto das persoas que formasen parte da súa unidade familiar cando solicitou a
axuda, en virtude das seguintes resolucións:
– Resolución do 27 de decembro de 2018 (DOG
núm. 32, do 14 de febreiro de 2019).
– Resolución do 24 de febreiro de 2020 (DOG
núm. 52, do 16 de marzo de 2020). As persoas referenciadas no punto anterior
poderán solicitar e ser beneficiarias da liña de axudas reforzo COVID-19 desta
convocatoria.
Para os efectos desta
convocatoria, considéranse persoas beneficiarias de convocatorias anteriores,
tanto a persoa que solicitou a axuda como o resto de persoas que formaban parte
da súa unidade familiar cando solicitou a axuda.
Requisitos e unidade familiar
1. Requisitos comúns para as dúas
liñas de axudas que deberán cumprirse e acreditarse na data da presentación de
solicitudes:
a) Estar en posesión da
nacionalidade española antes de retornar.
b) Estar empadroada e ter
residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Ter residido legalmente no
estranxeiro un mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á data do retorno
a España.
d) Carecer de recursos económicos
suficientes na unidade familiar.
Para estes efectos, considérase
que son recursos económicos suficientes, cando a suma da media dos ingresos que
perciba cada membro da unidade familiar, nos dous meses anteriores ao da
presentación da solicitude, dividido entre o número de persoas que a integren,
supere o importe do IPREM mensual (indicador público de renda de efectos múltiples)
vixente na data da solicitude.
e) Carecer de bens patrimoniais
suficientes (bens mobles e/ou bens inmobles) na unidade familiar.
2. Requisitos específicos que
deberán cumprirse en función da liña de axuda que lle corresponda:
a) Liña 1 Axudas extraordinarias:
– Que a data de retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2019 incluído e non fose beneficiaria desta axuda extraordinaria en convocatorias anteriores.
1.1. As axudas aboaranse por unha soa vez e o seu importe establécese en función do número de puntos que se obteña segundo os criterios recollidos no artigo 5. Fíxase para os efectos un valor de 300 euros por unidade de puntuación, o que determinará a contía da axuda.
1.2. Coa finalidade de reforzar o apoio ás persoas beneficiarias con cargas familiares, establécense tamén unhas axudas específicas de pagamento único, sempre que a persoa beneficiaria tivese algún fillo/a menor de 18 anos convivindo no seu domicilio.
En calquera caso, esta axuda só a poderá percibir un dos proxenitores para o cal se terá en conta a solicitude presentada en primeiro lugar. a) As contías destas axudas outorgaranse por cada fillo menor e terán os seguintes importes: – 1.000 euros polo primeiro e segundo fillo/a menor de 18 anos. – 1.500 euros a partir do terceiro fillo/a menor de 18 anos.
b) No caso de que no momento de solicitar a axuda, a unidade familiar conste empadroada e residindo nun concello rural, as anteriores contías establecidas por cada fillo/a menor incrementaranse nun 25 %.
1.3. No caso de que a persoa beneficiaria fose menor de idade aplicarase tamén o previsto no punto anterior deste artigo, incrementando neste caso a contía da axuda en 1.000 euros e un 25 % máis no caso de residir nun concello rural.
b) Liña 2 Axudas reforzo COVID-19:
Poderán ser beneficiarias as persoas que se atopen nalgunha destas
dúas situacións:
b.1) Que a data do retorno a
España estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de
2018, ambos os dous incluídos.
b.2) Que a data do retorno a España sexa a
partir do 1 de xaneiro de 2019 incluído e que non poida acceder á axuda
extraordinaria porque a persoa solicitante ou algún membro da súa unidade
familiar xa fose beneficiaria da axuda extraordinaria nas convocatorias dos
anos 2019 ou 2020.
2.1. As axudas destinadas ao reforzo COVID-19 terán un importe de 1.000 euros por persoa solicitante e 400 euros por cada un dos restantes membros da unidade familiar.
2.2. A contía límite da axuda reforzo COVID-19 concedida será ata un máximo de 3.000 euros.
3. Soamente se poderá presentar unha única solicitude de axuda nesta convocatoria e por un único membro da unidade familiar. No caso de que a persoa solicitante ou outro membro da unidade familiar presentase outra solicitude de axuda, entenderase como válida a presentada no primeiro lugar segundo o asento de rexistro correspondente.
En todo caso, as axudas da liña 1 e 2 son incompatibles entre si.
Máis información:
Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno da Xunta de Galicia en Ourense:
Tel. 988 386 114
Horario: 9:00 a 14:30 h
oficinaretorno.emigracion.ourense@xunta.es
Avenida da Habana, 81, baixo
32004 Ourense
Enlace oficina de atención o retornado