Ir al contenido principal

Subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal e se procede á súa convocatoria para o ano 2022. CO300C

 DOG 23 de maio de 2022.

Prazo de presentación: ata o 23/06/2022


Persoas e entidades beneficiarias 

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos: 

1. Comerciantes retallistas: 

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma, que non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

 b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea no Regulamento da Unión Europea 651/2014 (DOUE 187, do 26 de xuño), teñan un número de empregados/as igual ou inferior a vinte (20), incluídas as persoas en situación de autoemprego. 

c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II. 

d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

2. Obradoiros artesáns.


 Actuacións subvencionables 

1. Considéranse actuacións subvencionables:

 1.1. Liña de dixitalización comercial.

 Establécense dous módulos de actuacións subvencionables en función do grao de dixitalización do comercio. A realización das actuacións do módulo I e as do módulo II son incompatibles e excluíntes entre si. 


Obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física 

Módulo I Sen páxina web: Todas as actuacións do módulo I (obrigatorias)

 Módulo II Con páxina web sen venda en liña:  Actuacións do módulo II letra a) .Con páxina web con venda en liña : Actuacións do módulo II letra b)


 Comerciantes retallistas sen tenda física : 

Módulo I :Todas as actuacións do módulo I (obrigatorias) 

Módulo II :Actuacións do módulo II 


1.1.1. Obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física: 

Módulo I. 

Obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física sen páxina web ou páxina web sen actualizar: 

Actuación subvencionable: a dixitalización básica da contorna comercial omnicanle, que supón obrigatoriamente a realización do conxunto das seguintes actuacións:

 – Implantación ou actualización de páxina web sen venda en liña. A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no punto 1.1.3.a).

 – Hardware (sistema TPV ou tablet) e lector de código de barras.

 – Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida (máximo 12 meses).

 – Impresora de código de barras térmica 1D/2D.

 – Ferramentas de márketing dixital (SEO, SEM, ADS, inbound marketing, CRM, web analytics).


Módulo II.

 a) Obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física e páxina web sen venda en liña, que teñan implantadas todas as actuacións do módulo I:

 Actuacións subvencionables:

 – Implantación de páxina web con venda en liña. A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no punto 1.1.3.a). – Sistemas dixitais de stock integrado no punto de venda

. – Ferramentas de márketing dixital (SEO, SEM, ADS, inbound marketing, CRM, web analytics).

 – Loxística e-commerce, que deberá cumprir os requisitos que figuran no punto 1.1.3.b).

 – Xestor de redes sociais, máximo 12 meses dentro do período subvencionable e cos requisitos que figuran no punto 1.1.3.c).

 b) Obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física e páxina web con venda en liña, que teñan implantadas todas as actuacións do módulo I:

 Actuacións subvencionables:

 – Mantemento da páxina web (máximo 12 meses). A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no punto 1.1.3.a).

 – Melloras dos sistemas dixitais de stock integrado no punto de venda.

 – Melloras das ferramentas de márketing dixital (SEO, SEM, ADS, inbound marketing, CRM, web analytics).

 – Loxística e-commerce, que deberá cumprir os requisitos que figuran no punto 1.1.3.b). 

– Sistemas de click and collect.

– Xestor de redes sociais, máximo 12 meses dentro do período subvencionable e cos requisitos que figuran no punto 1.1.3.c). – Imaxe dixital. – Sistemas dixitais de control de accesos.


1.1.2. Comerciantes retallistas sen tenda física: 

Accións subvencionable retallistas sen tenda física


REQUISITOS:

1.1.3. Requisitos das actuacións subvencionables.

 a) Páxinas web. As páxinas web deberán ter as seguintes características técnicas:

 – Rexistro do dominio por un período dun ano, en que figure como titular o negocio para o que se desenvolve o servizo.

 – Proporcionar o aloxamento (hosting) durante un ano, para que a web estea dispoñible durante ese período de tempo.

– O hosting deberá dispoñer de certificado para comunicacións seguras SSL e estar configurado para que empregue o protocolo HTTPS.

 – A páxina web debe conter, polo menos, 4 seccións ou epígrafes tales como inicio, empresa, servizos ou produtos e contacto.

 – Sen prexuízo das seccións ou epígrafes anteriores, a web deberá incluír aqueles textos legais necesarios para o cumprimento normativo, así como un sistema de xestión de cookies que lle permita seleccionar ao usuario as cookies ou grupos de cookies que desexa autorizar para instalar segundo a finalidade destas.

 – Web autoxestionable: deberá contar cun panel de xestión dos contidos para que o beneficiario poida cambiar a información do sitio web. 

– Web responsive: debe estar adaptada a todos os dispositivos

. – Incorporaranse ligazóns ás redes sociais da empresa se esta dispón delas.

 – A web deberá ser desenvolvida para o comercio nun xestor de contidos (CMS) ou a medida, de forma que permita o aceso ao código para futuros cambios e melloras da web con independencia da empresa que a desenvolva. A web deberá ser en propiedade e nunca en alugamento. Exclúense desta subvención as solucións cloud propietarias e pechadas. 

– A páxina web contará cunha optimización SEO básica que implicará que todas as páxinas leven título, descrición e os elementos fundamentais como un robots.txt axeitado e un sitemap do sitio

. – As imaxes deberán estar optimizadas empregando a resolución óptima para web de 72 dpi e procurando que o seu peso sexa o menor posible.

 – Deberá ter instalada unha ferramenta de analítica web para o coñecemento do tráfico da páxina por parte do negocio. No caso de páxinas webs con venda en liña, ademais das características técnicas previstas anteriormente, deberán: 

– Dispoñer dun sistema de xestión para a venda dos produtos por parte do comerciante.

– No caso de que se solicite a ferramenta de xestión, estar sincronizada co sistema de xestión do establecemento comercial. 

– Ter dispoñible para a venda en liña un mínimo do 50 % das referencias de que se dispoñen na tenda física. 

– Ter pasarela de pagamento.


b) Loxística e-commerce 

Os gastos loxísticos e de transporte de envíos en liña ao domicilio ou punto de entrega da persoa consumidora deberán ser realizados por un operador loxístico externo.

c) Xestor de redes sociais. 

Os servicios profesionais de xestión de redes sociais deberán incluír, como mínimo:

 – Un mínimo de dúas publicacións en redes sociais por semana e un plan de contidos mensual consensuado co negocio. 

– Contidos multiformato: texto, imaxe, vídeo, story sobre a empresa, o sector e as áreas relacionadas co negocio que poidan interesar as persoas seguidoras das súas redes sociais.

 – Imaxes non pixeladas e cun mínimo de 72 dpi e 600x600 píxeles.

 – Creación e deseño de contidos de calidade que melloren a imaxe dos produtos e o posicionamento da empresa.

 

1.2. Liña de modernización comercial. 

Obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física. 

Considéranse actuacións subvencionables a adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser en todo caso de primeiro uso; en concreto, maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal que melloren o deseño e a calidade do produto final.

 O investimento máximo subvencionable para a adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal é de 7.000,00 € (IVE excluído). 

2. Intensidade da axuda: 

A porcentaxe da subvención será o 80 % dos investimentos máximos subvencionables detallados no punto anterior.


3. Non se consideran gastos subvencionables:

 a) A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe e terminais ou lectores de tpv, agás os establecidos no módulo I. 

b) Adquisición de maquinaria propia de procesos industriais, no caso de artesáns, e adquisición de maquinaria e instrumentos propios de servizos profesionais. Investimentos destinados a locais para uso da actividade artesanal.

 c) A adquisición de materia prima da actividade artesanal. 

d) Aqueles que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable.


ANEXO II 

Epígrafes do IAE subvencionables 

641. Comercio ao retallo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

 642. Comercio ao retallo de carnes e refugallos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza, e de produtos derivados deles.

 643. Comercio ao retallo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois. 

644. Comercio ao retallo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

 645. Comercio ao retallo de viños e bebidas de todas clases. 

647. Comercio ao retallo de produtos alimenticios e bebidas en xeral (agás 647.4 e 647.5). 

651. Comercio ao retallo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro. 

652. Comercio ao retallo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos (agás 652.1). 

653. Comercio ao retallo de artigos para o equipamento do fogar e a construción (agás 653.4). 

656. Comercio ao retallo de bens usados, tales como mobles, roupa e enxoval ordinario de uso doméstico. 

657. Comercio ao retallo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios. 

659. Outro comercio ao retallo.

665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente: «comercio retallista por correo o catálogo». No caso de comercio en liña, non será subvencionable a comercialización en liña de produtos ou servizos non comprendidos no ámbito de aplicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia. 


ANEXO III 

Epígrafes do IAE subvencionables 

255.2. Fabricante de xabóns de toucador e produtos de perfumaría. 

253.6. Fabricante de aceites esenciais e substancias aromáticas.

 41. Industria de produción de produtos alimenticios. 

421. Industria de cacao, chocolate e produtos de confeitaría. 

43. Industria téxtil. 

44. Industria do coiro.

 45. Industria do calzado e vestido e outras confeccións téxtiles.


Máis información:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO300C&ano=2022&numpub=1&lang=es

Entradas populares de este blog

PLAN RENOVE DE ILUMINACIÓN INTERIOR

Actuacións subvencionables: - Substitución de lámpadas e luminarias convencionais por outras de maior eficiencia. - Substitución de balastos convencionais por electrónicos. - Instalación de sistemas de regulación e control a través de fotocélula e de detectores de presenza. As actuacións teñen que levar asociado unha redución anual, de ao menos un 30% do consumo de enerxía convencional en iluminación interior, garantizando un confort lumínico adecuado a tarefa a realizar. É subvencionable o material e a sua instalación. Contía da axuda: o 25% do custo elixible, cos límites establecidos na orde. A inversión mínima debe ser de 500€. Prazo para a adhesión: do 28/12/2011 ata o 09/01/2012. Prazo para a reserva de fondos: dende o 1 de febreiro ata o 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la ayuda tenga caráct

NOVA: As empresas poderán comunicar desde o día 6 de febreiro ante a Xunta o cambio de ERTE sen necesidade de tramitar un novo expediente

Simplifícase a tramitación dos cambios entre modalidades de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) promovidos polos empresarios para adaptarse ás medidas sanitarias decretadas en cada momento. O novo procedemento ponse a dispor dos interesados por medio da Sede Electrónica da Xunta. As empresas poderán trasladar á Xunta o cambio na situación dos seus traballadores sen necesidade de iniciar un novo expediente, o que permitirá á Autoridade Laboral galega tramitar con maior axilidade as súas peticións para dar traslado das mesmas ao Goberno do Estado, para que as execute e proceda aos pagos das prestacións. Mediante este mecanismo basta con que os empresarios aporten a data de efecto do cambio, os centros e persoas afectadas e xustifiquen que as novas circunstancias son de coñecemento dos representantes das traballadoras e traballadores. A empresa deberá aplicar as porcentaxes de exoneración das cotas da Seguridad Social correspondentes, en función do tipo de ERTE vixente e