Ir al contenido principal

Subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro).

Programa I. Promoción do emprego autónomo.

Co obxecto de axudar as persoas desempregadas ao inicio e mantemento do emprego
como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese unha contía base de 4.000 € para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias. Esta contía poderá aumentarse nun 25%.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro.



Programa II. Fomento da contratación por conta allea

Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais e as contratacións temporais realizadas desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e As transformacións en indefinidos dos contratos temporais realizados desde o 1 de outubro de 2016 e subvencionados ao abeiro deste programa, sempre que a transformación se formalice ata o 30 de setembro de 2017, formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 4 de agosto de 2017, deberán presentarse ata o 4 de outubro de 2017.
As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas dende o día 5 de agosto de 2017 deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en
que se inicie a relación laboral pola que se solicita subvención.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de

2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

Máis información

Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS PARA A APICULTURA

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores. b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2017 Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170328/AnuncioG0426-170317-0002_gl.pdf

AXUDAS A FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS PARA O SEU FUNCIONAMENTO E PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

Obxecto: subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro. A contía da subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xullo