Ir al contenido principal

Axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia (DOG 4 AGOSTO)

Liñas de actuación:

a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
b) Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competividade en empresas constituídas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora.
c) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico.
d) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
e) Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades:
Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.
f) Dual: axuda complementaria para incentivar a participación no programa de titorización que estableza a Secretaría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria através das liñas Emprende, Activa, Innova ou ITEF.

As subvencións establecidas nesta resolución para as liñas Emprende, Innova, Activa
e ITEF son incompatibles entre si, e dentro de cada liña soamente poderán serbeneficiarias dun único incentivo. Estes incentivos son compatibles coas axudas complementarias Dual e Concilia previstas nesta resolución.
Así mesmo, as axudas do programa Emega son incompatibles coas establecidas para a mesma finalidade e concepto nos distintos programas de promoción do emprego autónomo, de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, de iniciativas
de emprego, e de iniciativas de emprego de base tecnolóxica convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como con outras axudas que para a mesma finalidade e concepto poidan outorgar outros departamentos da Xunta de Galicia ou outras administracións públicas como medida de impulso ao emprendemento.
Tamén son incompatibles coas subvencións á contratación por conta allea convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, outros departamentos da Xunta de Galicia ou calquera outra Administración pública, agás que xa rematase o período de mantemento do emprego exixido na correspondente convocatoria.

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas
formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus
plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2016 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria.


Prazo de presentación de solicitudes: ata o 4 de setembro de 2017.

As solicitudes deben presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos.

Máis información:

Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS PARA A APICULTURA

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores. b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2017 Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170328/AnuncioG0426-170317-0002_gl.pdf

AXUDAS A FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS PARA O SEU FUNCIONAMENTO E PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

Obxecto: subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro. A contía da subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xullo