Ir al contenido principal

Axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo

Axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo que establece que a cota por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que causen alta inicial ou que non estivesen en situación de alta nos cinco anos inmediatamente anteriores, contados desde a data de efectos da alta, no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, se reducirá á contía de 50 euros mensuais durante os 6 meses inmediatamente seguintes á data de efectos da alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda.
Mediante a presente axuda, permitirase que a persoa traballadora por conta propia goce das reducións indicadas no parágrafo anterior durante un máximo de 6 meses adicionais aos primeiros seis meses, completando así un máximo de 12 meses de redución, tomando como referencia a cotización pola base mínima establecida con carácter xeral e o tipo mínimo de cotización, vixentes no mes en que se producise a alta da persoa traballadora autónoma.
Serán subvencionables as cotas que sexan obxecto de aboamento polas persoas traballadoras beneficiarias desta orde, durante un máximo de seis meses, correspondentes aos meses sétimo a décimo segundo seguintes á alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos.
O período para presentar a solicitude deberá estar comprendido entre o día da alta da persoa traballadora por conta propia ou autónoma e o último día do sétimo mes desde dita alta.  Non obstante, para cada exercicio orzamentario o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do crédito orzamentario correspondente a ese ano ata o 30 de setembro dese exercicio.
 Para o presente exercicio 2017, o prazo de presentación de iníciase o día 25 de agosto e rematará o 30.9.2017.


A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos.


Máis información:

Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS PARA A APICULTURA

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores. b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2017 Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170328/AnuncioG0426-170317-0002_gl.pdf

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos esteblecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

Prazo de presentación: ata o 4 de marzo de 2021 1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos: a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos , de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. Enlace á Lei 7/2011.  https://www.boe.es/buscar/pdf/2011/BOE-A-2011-19058-consolidado.pdf 2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021 e en ningún cas...