Ir al contenido principal

Entradas

Fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede. xunta.gal. As subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas. Para os efectos do Programa I terán a consideración de empresas de nova creación aquelas que inicien a actividade empresarial desde a data do 1 de agosto de 2020. Entidades beneficiarias  1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos. Entre outros os seguintes: -Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotores non figure ningunha persoa xurídica.  - Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 eu...

III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19

  Estas axudas directas terán carácter finalista e deberán aplicarse a satisfacer a débeda e realizar pagamentos a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como os custos fixos en que se incorrese, sempre e cando estes fosen devindicados entre o 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021 e procedan de contratos anteriores á entrada en vigor do Real decreto lei 5/2021 do 12 de marzo. En primeiro lugar, satisfaranse os pagamentos a provedores, por orde de antigüidade e, se procede, reducirase o nominal da débeda bancaria, primando a redución da débeda con aval público.   As axudas concederanse por orde de entrada da solicitude. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021, ambos inclusive.   Persoas beneficiarias   1. Poderán ser beneficiarios das axudas directas previstas nesta orde: a) As persoas traballadoras autónomas, empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimació...

Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos

 MT402A. DOG 13/04/2021 Axudas en réxime de concorrencia non competitiva. Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:  • Tratamento de paredes medianeiras vistas, mediante cobertura con materiais de revestimento, pintado ou tratamento vexetal, adaptadas aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia.  • Revestimento e pintado de fachadas actualmente rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir, adaptados aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia.  • Renovación do acabamento exterior das fachadas de edificacións (paramentos e carpintarías) que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento, para substituílo por solucións adaptadas á Guía de cor e materiais de Galicia.  • Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento, mediante a instalación ben de tella cerámica, ben de lousa, en función do material tradicional da comarca, de aco...

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021. VI432A

 Prazo de presentación: Ata o 3 de maio de 2021. a) Liña A, axudas ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.  b) Liña B, axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Requisitos:  a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.  b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, e cuxos ef...

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas e de Subvencions COVID-19 para mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega.

 Procedemento de concesión:  réxime de concorrencia non competitiva. Prazo de presentación: 30 de setembro de 2021 DOG 29 de marzo de 2021  Subvencións dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma galega:   – Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia. A data de retorno a España debe ser a partir do 1 de xaneiro de 2019, incluído, e que a persoa solicitante non fose beneficiaria desta subvención en convocatorias anteriores.  Contía da subvención de 5.000 euros.  O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:  a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.  b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de...

Subvencións do programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021

Prazo de presentación: ata o día 22 de abril de 2021. Non obstante o anterior, o prazo de presentación de solicitudes rematará, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria Actuacións subvencionables . 1 . Consideraranse actuacións subvencionables para o fomento da conservación , as seguintes actuacións: a) As relativas ao estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións. b) As relativas ao estado de conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianerías, incluíndo procesos de desamiantado. c) As relativas á adecuación interior da vivenda unifamiliar, agrupada en fila ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente esixidas. 2. Consideraranse subvencionables para a mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade , as seguintes actuacións: a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesi...

Exención no canon da auga e coeficiente de vertedura

Poderán solicitar a exención do canon da auga e coeficiente de vertedura os titulares de consumos de auga nos seguintes establecementos, nos supostos en que visen diminuída significativamente a súa actividade: a) Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías e bares. b) Establecementos de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos. c) Hoteis e aloxamentos turísticos (inclúense os Balnearios) d) Albergues turísticos.  Requisitos Os consumos realizados sexan iguais ou inferiores ao 25 % do consumo realizado no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro de 2020 , no caso de que dispoñan de contador. Período de exención . O período de exención do canon da auga e coeficiente de vertedura é o comprendido entre o 5 de novembro de 2020 e a data en que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do ...