Ir al contenido principal

Fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede. xunta.gal.

As subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas.

Para os efectos do Programa I terán a consideración de empresas de nova creación aquelas que inicien a actividade empresarial desde a data do 1 de agosto de 2020.


Entidades beneficiarias 

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos. Entre outros os seguintes:

-Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotores non figure ningunha persoa xurídica. 

- Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros. 

- Que, como mínimo, o 50 % do seu capital social sexa de titularidade das persoas promotores e que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.


 Tipos de axuda

 O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas: a) Subvención á xeración de emprego estable. b) Subvención para formación. c) Subvención para o inicio da actividade. d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.


a) Subvención á xeración de emprego estable

1. A creación de postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os das propias persoas promotoras, que sexan ocupados por persoas desempregadas incentivarase, ata un máximo de dez.

A contía da subvención irá dende os 2.000 ata os 9.000 euros, según o caso concreto.

Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 1 de agosto de 2020 e ata o 31 de xullo de 2021.



b) Subvención para a formación

 . A subvención para a formación ten por obxecto financiar parcialmente a formación relacionada coas funcións xerenciais da persoa promotora ou empresaria e/ou a formación directamente relacionada coa actividade que van desenvolver, de xeito que estes estudos contribúan á boa marcha da empresa.

A contía da subvención, que só se poderá solicitar unha vez, será de ata o 75 % do custo dos servizos recibidos, excluído o IVE, cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos e actividades de formación recibidas.


c) Subvención para o inicio da actividade 

Poderase conceder para o financiamento dos primeiros gastos da actividade unha subvención .

Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes conceptos: honorarios de notaría e rexistrador, compra de mercadorías e materias primas, arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade, páxina web, posicionamento web e subministracións.


d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Subvención do 75 % do custo dos servizos de gardaría, ata un máximo de 3.000 euros, para aquelas persoas promotoras que teñan fillos ou fillas menores de tres anos. 


Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210720/AnuncioG0599-060721-0001_gl.pdf

Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS A FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS PARA O SEU FUNCIONAMENTO E PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

Obxecto: subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro. A contía da subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xullo

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

 Se establecen dos tipos de apoyo a las personas trabajadoras autónomas: 1ª. Para las que cesaron en su actividad y van a volver a emprender un negocio como personas trabajadoras autónomas y son demandantes de empleo en el momento previo a la nueva alta como persona trabajadora autónoma. Su finalidad es facilitar la vuelta a la actividad económica a la persona emprendedora a quien le fue mal en su anterior negocio pero que tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender, en el mismo o en diferente sector. 2ª. Para las que estén de alta como personas trabajadoras autónomas y quieren volver a emprender en otro sector. La finalidad es facilitar el cambio de actividad económica a la persona emprendedora que desea cambiar su actividad, tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender y quiere hacerlo en otros sectores económicos como los considerados emergentes o vinculados a la economía circular, entre otros. Los apoyos del p...