Ir al contenido principal

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas e de Subvencions COVID-19 para mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega.

 Procedemento de concesión:  réxime de concorrencia non competitiva.

Prazo de presentación: 30 de setembro de 2021

DOG 29 de marzo de 2021


 Subvencións dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma galega:

 – Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

A data de retorno a España debe ser a partir do 1 de xaneiro de 2019, incluído, e que a persoa solicitante non fose beneficiaria desta subvención en convocatorias anteriores. 

Contía da subvención de 5.000 euros.

 O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:

 a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.

 b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 2.000 euros.

O importe máximo da subvención concedida será de 8.000 euros.


 – Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego: destinadas a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia.

Poderán ser beneficiarias as persoas que se atopen nalgunha destas dúas situacións: b.1) Que a data do retorno a España estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2018. b.2) Que a data do retorno a España estea comprendida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019 e que fose beneficiaria da subvención para promover o autoemprego e a actividade emprendedora da Secretaría Xeral da Emigración na convocatoria do ano 2019.

As subvencións destinadas a esta liña COVID-19 terán un importe de 3.000 euros


Persoas beneficiarias 

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma galega:

 1. As persoas galegas e nacidas en Galicia. 

2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia

Deben estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.

Quedan excluídos os autónomos colaboradores.


Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210329/AnuncioG0595-150321-0001_gl.pdf

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR937A


Entradas populares de este blog

PLAN RENOVE DE ILUMINACIÓN INTERIOR

Actuacións subvencionables: - Substitución de lámpadas e luminarias convencionais por outras de maior eficiencia. - Substitución de balastos convencionais por electrónicos. - Instalación de sistemas de regulación e control a través de fotocélula e de detectores de presenza. As actuacións teñen que levar asociado unha redución anual, de ao menos un 30% do consumo de enerxía convencional en iluminación interior, garantizando un confort lumínico adecuado a tarefa a realizar. É subvencionable o material e a sua instalación. Contía da axuda: o 25% do custo elixible, cos límites establecidos na orde. A inversión mínima debe ser de 500€. Prazo para a adhesión: do 28/12/2011 ata o 09/01/2012. Prazo para a reserva de fondos: dende o 1 de febreiro ata o 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la...

NOVA: As empresas poderán comunicar desde o día 6 de febreiro ante a Xunta o cambio de ERTE sen necesidade de tramitar un novo expediente

Simplifícase a tramitación dos cambios entre modalidades de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) promovidos polos empresarios para adaptarse ás medidas sanitarias decretadas en cada momento. O novo procedemento ponse a dispor dos interesados por medio da Sede Electrónica da Xunta. As empresas poderán trasladar á Xunta o cambio na situación dos seus traballadores sen necesidade de iniciar un novo expediente, o que permitirá á Autoridade Laboral galega tramitar con maior axilidade as súas peticións para dar traslado das mesmas ao Goberno do Estado, para que as execute e proceda aos pagos das prestacións. Mediante este mecanismo basta con que os empresarios aporten a data de efecto do cambio, os centros e persoas afectadas e xustifiquen que as novas circunstancias son de coñecemento dos representantes das traballadoras e traballadores. A empresa deberá aplicar as porcentaxes de exoneración das cotas da Seguridad Social correspondentes, en función do tipo de ERTE vixente e...