Ir al contenido principal

Entradas

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021. VI432A

 Prazo de presentación: Ata o 3 de maio de 2021. a) Liña A, axudas ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.  b) Liña B, axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Requisitos:  a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.  b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, e cuxos ef...

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas e de Subvencions COVID-19 para mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega.

 Procedemento de concesión:  réxime de concorrencia non competitiva. Prazo de presentación: 30 de setembro de 2021 DOG 29 de marzo de 2021  Subvencións dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma galega:   – Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia. A data de retorno a España debe ser a partir do 1 de xaneiro de 2019, incluído, e que a persoa solicitante non fose beneficiaria desta subvención en convocatorias anteriores.  Contía da subvención de 5.000 euros.  O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:  a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.  b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de...

Subvencións do programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021

Prazo de presentación: ata o día 22 de abril de 2021. Non obstante o anterior, o prazo de presentación de solicitudes rematará, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria Actuacións subvencionables . 1 . Consideraranse actuacións subvencionables para o fomento da conservación , as seguintes actuacións: a) As relativas ao estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións. b) As relativas ao estado de conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianerías, incluíndo procesos de desamiantado. c) As relativas á adecuación interior da vivenda unifamiliar, agrupada en fila ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente esixidas. 2. Consideraranse subvencionables para a mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade , as seguintes actuacións: a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesi...

Exención no canon da auga e coeficiente de vertedura

Poderán solicitar a exención do canon da auga e coeficiente de vertedura os titulares de consumos de auga nos seguintes establecementos, nos supostos en que visen diminuída significativamente a súa actividade: a) Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías e bares. b) Establecementos de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos. c) Hoteis e aloxamentos turísticos (inclúense os Balnearios) d) Albergues turísticos.  Requisitos Os consumos realizados sexan iguais ou inferiores ao 25 % do consumo realizado no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro de 2020 , no caso de que dispoñan de contador. Período de exención . O período de exención do canon da auga e coeficiente de vertedura é o comprendido entre o 5 de novembro de 2020 e a data en que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do ...

Programa II. Microempresas (código de procedemento TR500B). II Plan de rescate das persoas autónomas e das Microempresas

Enlace ao DOG Establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que, de acordo coa finalidade e co obxecto do programa,   non resulta necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.  Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido. O prazo de presentación ábrese o día 19 de febreiro de 2021. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través d...

Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A). II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19

 Establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que, de acordo coa finalidade e co obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.  Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido. O prazo de presentación ábrese o día 19 de febreiro de 2021. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario no...

Axudas extraordinarias e de reforzo COVID-19 a persoas emigrantes galegas retornadas (DOG 17/02/2021)

  – Liña 1 «Axudas extraordinarias»: teñen por finalidade axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno.   – Liña 2 «Axudas reforzo COVID-19»: teñen por finalidade apoiar a unidade familiar polas dificultades de inserción sociolaboral no contexto actual de pandemia. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva. A concesión destas axudas efectuarase atendendo en todo caso á data de presentación de cada unha das solicitudes con toda a documentación relacionada no artigo 9 e estará, en calquera caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario. Persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:   a) As persoas galegas e nacicidas en Galicia.   b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nad...