Ir al contenido principal

Entradas

PLAN RENOVE DE CLIMATIZACIÓN 2011

Será subvencionable a compra de equipos de potencia nominal maior ou igual que 5kw e menor e igual a 70 kw: - caldeiras de condensación. - equipos de aire acondicionado. - Bombas de calor. o prazo de presentación de solicitudes de axuda permanecerá aberto ata o día 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o orzamento. O prazo para a adhesión das entidades colaboradoras remata o 3 de xaneiro de 2012. A contía da subvención non poderá ser superior ao 30% do seu custo, cos límites establecidos na convocatoria.

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

1. ENERXÍA SOLAR TÉRMICA. Contía máxima da axuda: 35% do investimento. Máximo 60.000 euros. 2. ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA ILLADA. Contía máxima da axuda. 40% do investimento. 3. ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA CONECTADA Á REDE. Contía máxima da axuda: 900€/kWp. Máximo 6.000 euros. 4. BIOMASA. Contía máxima da axuda: 30% do investimento. Máximo 30.000 euros. 5. BIOGÁS/GASIFICACIÓN. 6. ENERXÍA EÓLICA, MINIHIDRÁULICA E INSTALACIÓNS MIXTAS DE XERACIÓN ELÉCTRICA. Contía máxima da axuda: 40% do investimento. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27 de xaneiro de 2012. Beneficiarios: persoas físicas maiores de idade, empresas legalmente constituídas e autónomos, administracións públicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, entidades sen ánimo de lucro.

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN NO COMERCIO RETALLISTA GALEGO

Adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comerciantes retallistas galegos. As solicitudes de subvención serán atendidas respectando a sua orde de entrada sen comparación con outras solicitudes, ata esgotamento do crédito dispoñible. Cada subvención acadará máximo o 70% do investimento subvencionable, co límite máximo e nas condicións establecidas para cada modalidade na orde de convocatoria. O IVE non será subvencionable. Os solicitantes poderán optar a unha ou varias das 5 modalidades de subvención, sen que poidan en ningún caso superar polo conxunto de subvencións a que concorran, o límite máximo de investimento subvencionable de 2.142,8 euros, ive excluído. Conceptos subvencionables: MODALIDADE A. Adquisición dun ordenador portátil ou de escritorio, segundo as seguites opcións, das cales únicamente se poderá financiar unha por beneficiario/a: A) Opción 1: ordenador portátil cun importe máximo custo equipamento de 400 € e requisitos mínimos ...

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

1. SECTOR INDUSTRIA. 1.A. AUDITORÍAS ENERXÉTICAS A INDUSTRIAS E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA (Máx 75% do custo) 1.B. PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA EN INDUSTRIAS (Máx 22% do custo) - Auditorías enerxéticas (subv 75%) - Substitución de equipos e instalacións (subv 22%) Beneficiarios: empresas incluídas no sector da industria. 2. SECTOR TRANSPORTE. 3. SECTOR EDIFICACIÓN 3.A REHABILITACIÓN DA ENVOLVENTE TÉRMICA DOS EDIFICIOS EXISTENTES (Máx 22%) 3.B. MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DE INSTALACIÓNS TÉRMICAS NOS EDIFICIOS EXISTENTES (Máx 22%) 3.C. CONSTRUCIÓN DE NOVOS EDIFICIOS CON ALTA CUALIFICACIÓN ENERXÉTICA 3.D. AUDITORÍA ENERXÉTICA NOS EDIFICIOS DO SECTOR RESIDENCIAL E SERVIZOS (Subv máx 75%) Beneficiarios: Persoas físicas ou xurídicas de naturaleza pública ou privada. 4. SECTOR SERVIZOS PÚBLICOS. 5. SECTOR TRANSFORMACIÓN DA ENERXÍA. 6. SECTOR AGRICULTURA E PESCA. 6.A. AUDITORÍAS ENERXÉTICAS SECTOR PESQUEIRO. 6.B. AUDITORÍAS ENERXÉTICAS E PROXECTOS DE MELLO...

PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS

Axudas dirixidas a reducir o consumo de enerxía eléctrica a través da substitución de electrodomésticos con etiquetaxe enerxética de clase A ou superior Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de decembro 2011 ou esgotamento do crédito orzamentario.

II FEIRA DE ARTESANÍA

Este ano o Concello de Cortegada celebra a segunda edición da feira de artesanía o día 21 de agosto. O Concello porá a disposición dos artesáns que o desexen, un posto de xeito gratuíto e convidáselle a xantar (duas persoas por posto) Os stands colocaranse na Praza Bos Aires de Cortegada, e haberá máis de 25, adicados a marroquinería, bisutería, licores, decoración, cosmética... Ademais poderase disfrutar da gastronomía típica de Cortegada e dos marabillos caldos do Ribeiro. Así coma de actuacións de música tradicional, teatro, obradoiros para nenos... Aquelas persoas que desexen facer uso de un deles, deben enviar os seus datos (nome, DNI, e artigos de venda) ao correo adl.concello.cortegada@eidolocal.es ou ao número de fax 988483217. Os postos serán outorgados a cada artesán por orde de inscrición. Para máis información poden chamar ao telef 988483001 (Diana Rodríguez)