Ir al contenido principal

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN NO COMERCIO RETALLISTA GALEGO

Adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comerciantes retallistas galegos.

As solicitudes de subvención serán atendidas respectando a sua orde de entrada sen comparación con outras solicitudes, ata esgotamento do crédito dispoñible.

Cada subvención acadará máximo o 70% do investimento subvencionable, co límite máximo e nas condicións establecidas para cada modalidade na orde de convocatoria. O IVE non será subvencionable.

Os solicitantes poderán optar a unha ou varias das 5 modalidades de subvención, sen que poidan en ningún caso superar polo conxunto de subvencións a que concorran, o límite máximo de investimento subvencionable de 2.142,8 euros, ive excluído.

Conceptos subvencionables:

MODALIDADE A. Adquisición dun ordenador portátil ou de escritorio, segundo as seguites opcións, das cales únicamente se poderá financiar unha por beneficiario/a:

A) Opción 1: ordenador portátil cun importe máximo custo equipamento de 400 € e requisitos mínimos descritos na orde.

B) Opción 2: ordenador portátil cun importe máximo custo equipamento de 650, requisitos mínimos descritos na orde.

C) Opción 3: ordenador de escritorio cun importe máximo de custo do equipamento de 750 (ordenador de escritorio ou ordenador de escritorio categoría net top ou todo-nun.

MODALIDADE B. Paquete software de xestión

Os solicitantes poderán acollerse a unha ou a ambas opcións.

A)Opción 1: módulo de xestión comercial e/ou almacén máis control económico. importe máximo equipamento 1.000€

B)Opción 2: soporte técnico, implantación in situ e formación. Importe máximo 400€


MODALIDADE C. Páxina web comercial.

Importe máximo do custo serán 1.000 euros.

Os elementos mínimos da páxina serán os sinalados na orde reguladora.


MODALIDADE D. Periféricos e outros compoñentes.

A) Lector de código de barras.
B)Caixón portamoedas.
C) Impresora tíckets.


MODALIDADE E: Paquete TPV integrado.

O prazo de presentación de solicitudes quedará aberto a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación íntegra de entidades colaboradoras e permanecerá aberto ata o 10 de novembro de 2012 ou ata que se esgote o crédito orzamentario.

Beneficiarios: deberán estar de alta nos epígrafes do IAE relacionados no Anexo IV da orde reguladora.

Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS A FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS PARA O SEU FUNCIONAMENTO E PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

Obxecto: subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro. A contía da subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xullo

Exención no canon da auga e coeficiente de vertedura

Poderán solicitar a exención do canon da auga e coeficiente de vertedura os titulares de consumos de auga nos seguintes establecementos, nos supostos en que visen diminuída significativamente a súa actividade: a) Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías e bares. b) Establecementos de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos. c) Hoteis e aloxamentos turísticos (inclúense os Balnearios) d) Albergues turísticos.  Requisitos Os consumos realizados sexan iguais ou inferiores ao 25 % do consumo realizado no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro de 2020 , no caso de que dispoñan de contador. Período de exención . O período de exención do canon da auga e coeficiente de vertedura é o comprendido entre o 5 de novembro de 2020 e a data en que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do ...