Ir al contenido principal

Programa emprega muller de incentivos á contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas.


Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas (código de pro­cedemento TR350A).
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención á contrata­ción indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán ser a tempo completo e, no caso de contratos indefinidos a tempo parcial, será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.

b) Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desa orde para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transforma­ción de contratos temporais a indefinidos.
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten mulleres desempregadas por conta allea.
As solicitudes de axudas subvencionables polas contratacións indefinidas iniciais, as contratacións temporais dunha duración inicial mínima de 12 meses, as transformacións de contratos temporais en indefinidos e o incremento da xornada laboral realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e o 7 de xaneiro de 2020 deberán presentarse ata o 9 de marzo de 2019.
As solicitudes de axudas subvencionables polas contratacións indefinidas iniciais, as contratacións temporais cunha duración inicial mínima de 12 meses, as transformacións de contratos temporais en indefinidos e o incremento da xornada laboral realizadas desde o día 8 de xaneiro de 2020 deberán presentarse ata o último día do segundo mes se­guinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal, a transformación do contrato temporal en indefinido e o incremento da xornada laboral por que se solicita subvención.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.
1. No caso da contratación indefinida inicial ou a transformación de contrato temporal en indefinido:
a) A xornada da contratación indefinida inicial por conta allea deberá ser, para os efectos de ser subvencionada ao abeiro desta orde de convocatoria, a tempo completo.
b) Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola cal se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.
Como consecuencia da transformación do contrato temporal en indefinido ten que in­crementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da transformación pola cal se solicita subvención.
2. No caso da contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses:
a) Todas as modalidades contractuais de carácter temporal, excluído o contrato para a formación e a aprendizaxe, que se realicen con mulleres desempregadas.
b) Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial de 12 meses e serán a tempo completo.

c) Como consecuencia da contratación temporal que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto aos tres meses ante­riores ao mes da contratación.
3. No caso da transformación do contrato temporal en indefinido:
a) No caso de transformacións de contratos temporais, a xornada do novo contrato indefinido será a tempo completo (excepto as transformacións de contratos temporais en indefinidos na súa modalidade de fixo-descontinuo, que poderá ter unha duración inferior á xornada a tempo completo en cómputo anual).
Non será subvencionable a transformación do contrato para a formación e a aprendiza­xe en contrato indefinido.

Contías dos incentivos
1.           As contratacións indefinidas iniciais realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 12.000 euros por cada muller desempregada contratada, sempre que cumpra os requisitos mencionados
No caso de contratacións indefinidas iniciais na modalidade de fixos-descontinuos, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.
2. As contratacións temporais cunha duración mínima inicial de 12 meses realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 6.000 euros por cada muller desempregada, sempre que cumpra os requisitos mencionados
3. As contías establecidas nos puntos 1 e 2 incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, acumulables entre si:

– No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
– Se a muller contratada é unha emigrante retornada.
– Se a muller contratada é maior de 45 anos.
– Se é unha empresa con máis de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilida­de igual ou superior ao 70 %.

– Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.
A transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo incentiva­rase cunha contía de 4.000 euros; neste caso non serán aplicables os incrementos esta­blecidos no punto anterior.
No caso de transformacións de contratos temporais en indefinidos na modalidade de fixos-descontinuos, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.
5. O incremento da xornada laboral dun contrato indefinido a tempo parcial a un contrato indefinido a tempo completo incentivarase cunha contía de 2.000 euros; neste caso non serán aplicables os incrementos establecidos no punto 3.


Máis información:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR350A

Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS A FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS PARA O SEU FUNCIONAMENTO E PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

Obxecto: subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro. A contía da subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xullo

CREACIÓN E MELLORA DE MICROEMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

Poderán ser subvencionables os investimentos relaivos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais. Os investimentos en bens de equipo, terán unha subvención básica dun 30%, que poderá incrementarse ata un máximo do 40%. Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial subvencionaranse cunha axuda dun 40% dos gastos elixibles. Prazo de presentación: ata o 5/02/2012.