Ir al contenido principal

Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e Programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio

DOG 07/01/2020


 Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración.
Axudas para a con­tratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación (código procedemento TR349R).
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración.
b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
Persoa desempregada de longa duración: aquela que na data da súa contratación por conta allea estea sen traballo e acredite un período de inscrición como desempregada no Servizo Público de Emprego de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores á súa contratación.
Contía dos incentivos
1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros por cada persoa contratada que cumpra os requisitos mencionados. No caso de contratacións na modalidade de fixos-descontinuos, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.
2. As contratacións temporais incentivaranse cunha axuda de 5.000 euros por cada persoa.
3. As contías establecidas nos puntos 1 e 2 incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
– Se a persoa desempregada parada de longa duración contratada é maior de 45 anos.
– No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
– Se a persoa traballadora contratada é unha persoa emigrante retornada.
– Se é unha persoa trans.
– Se é unha empresa con mais de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilida­de igual ou superior ao 70 %.
– Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.

Máis información:




Programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio
Tres tipos de bonos compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial, a temporal cunha duración mínima inicial de 3 meses e a transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo ou a tempo parcial das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
b) Bono de formación, dirixido ás persoas traballadoras cunha contratación indefinida inicial ou temporal mínima de 6 meses, beneficiarias do bono de contratación, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
c) Bono de emprego con apoio, que consiste nun conxunto de actividades de orienta­ción e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais características.

Máis información:


As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realiza­das entre o 1 de outubro de 2019 e o día 7 de xaneiro de 2020 deberán presentarse ata o día 9 de marzo de 2020.  As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde o día 8 de xaneiro de 2020 deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subven­ción.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.


Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS A FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS PARA O SEU FUNCIONAMENTO E PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

Obxecto: subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro. A contía da subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xullo

CREACIÓN E MELLORA DE MICROEMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

Poderán ser subvencionables os investimentos relaivos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais. Os investimentos en bens de equipo, terán unha subvención básica dun 30%, que poderá incrementarse ata un máximo do 40%. Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial subvencionaranse cunha axuda dun 40% dos gastos elixibles. Prazo de presentación: ata o 5/02/2012.