Ir al contenido principal

Axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19)

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación
efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:

• Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
• Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo
diario (xestión de citas), xestión de colas.
• Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
• Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
• Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
• Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros,
comandas.
• Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos
en xeral.
• Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para
hostalaría (menús, cartas …).
• Sistemas de balizas.
• Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
• Adaptación da presenza na internet ao efecto do COVID-19, mediante elementos como
bots de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo
de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil
e recollida en tenda) e outros similares.
• Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
• Solucións de mellora da ciberseguridade.
• De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na
resolución de concesión.

Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 € e os 12.000 € de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5.

Cada entidade poderá solicitar o programa Cheques de Dixitalización COVID-19 unha
única vez.


O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia
non competitiva.
O Prazo de presentación abrirase o día 19 de xuño.

Beneficiarias:

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia
comprendidas nalgunha das seguintes categorías:

a) Microempresas (inclúe autónomos que cumpran a condición de microempresa),
que desenvolvan a súa actividade nalgún dos seguintes sectores:

i. Hostalaría e turismo – CNAE 55 (servizos de aloxamento), 56 (servizos de comidas
e bebidas), 7711 (alugamento de automóbiles e vehículos de motor lixeiros), 7721 (alugamento
de artigos de ocio e deportes), 79 (actividades de axencias de viaxes, operadores
turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes), 9004 (xestión de salas
de espectáculos), 91 (actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades
culturais), 93 (actividades deportivas, recreativas e de entretemento).

ii. Comercio polo miúdo – CNAE 45 (venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas)
e 47 (comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e motocicletas).

iii. Transporte – Rama H da CNAE (transporte e almacenamento).

iv. Perrucaría e estética persoal, tinturarías, servizos de reparación e outros – CNAE 95
(reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico), 9601 (lavado e
limpeza de pezas téxtiles e de pel), 9602 (perrucaría e outros tratamentos de beleza), 9603
(pompas fúnebres e actividades relacionadas), 9604 (actividades de mantemento físico) e
9609 (outros servizos persoais n.c.n.).

v. Os seguintes epígrafes de formación: 8532 (educación secundaria técnica y profesional)
e 855 (outra educación).

b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades
laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades
deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento
(UE) nº 651/2014. Quedan excluídas desta epígrafe as entidades dedicadas os
sectores da pesca e da acuicultura, regulados polo Regulamento (CE) núm. 104/2000 do
Consello e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.


c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións
empresariais, clústers, colexios profesionais ou cámaras.


Artigo 5. Gasto subvencionable

a) Activos dos seguintes tipos:
– Equipos informáticos, sensórica, wearables e outro equipamento electrónico.
– Licenzas de software estándar de mercado. Para comprobar que se trata dun produto,
verificarase que existe unha páxina web pública dispoñible na internet onde, como mínimo,
se expliquen as características do software e as condicións en que se comercializa.
– Dispositivos de conectividade cando o traballo se desenvolva nunha zona rural en que
se deban realizar gastos extraordinarios para adaptar a conexión a necesidades de acceso
ás redes.

b) Gastos de subscrición a software como servizo estándar de mercado (comprobado
como no punto anterior) aboados por parte do solicitante durante o período de gasto subvencionable.
No caso de que o sistema de adquisición supere nun ano a fin do prazo de
execución da axuda, o período restante descontarase do gasto subvencionable a pro rata.

c) Colaboracións externas encamiñadas á adaptación e personalización dos sistemas
dixitais e ao adestramento sobre a súa aplicación e uso.


A suma do gasto subvencionable nas alíneas a) e b) non superará os 10.000 €. O máximo
de gasto subvencionable na alínea c) será de 4.000 €.

A contía da axuda será do 80 % dos importes indicados no artigo 5, co límite máximo de
9.600 € por empresa.

1. Forma e lugar de presentación das solicitudes:
Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario
electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o
que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet
http://www.tramita.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos do formulario
establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de
documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a soli citude de axuda.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario
normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática
http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal.

Máis información:

http://www.igape.es/es/actualidade/item/1865-a-xunta-impulsa-tres-novas-linas-de-apoio-a-dixitalizacion-por-16m-para-facilitar-a-reactivacion-do-comercio-autonomos-e-pemes

Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS A FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS PARA O SEU FUNCIONAMENTO E PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

Obxecto: subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro. A contía da subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xullo

CREACIÓN E MELLORA DE MICROEMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

Poderán ser subvencionables os investimentos relaivos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais. Os investimentos en bens de equipo, terán unha subvención básica dun 30%, que poderá incrementarse ata un máximo do 40%. Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial subvencionaranse cunha axuda dun 40% dos gastos elixibles. Prazo de presentación: ata o 5/02/2012.