Ir al contenido principal

Subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para os anos 2020-2021

DOG 1 de xullo de 2020.

Obxecto:
 Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica.

Beneficiarios:
-  As entidades sen ánimo de lucro.
-  Empresas legalmente constituídas e autónomos.


Investimentos subvencionables: 

1. O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares, bomba de calor,
caldeira…). No caso da biomasa o custo do equipamento térmico e os seus accesorios
principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes,
extracción de cinzas).
2. O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
3. O custo do sistema de almacenamento do combustible.
4. O custo do sistema de alimentación do combustible.
5. O custo de montaxe e conexión.
6. No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondaxes,
intercambiadores, acumuladores, tubaxes, etc.
7. No caso de redes de distribución de calor con biomasa, o custo da rede de distribución
de enerxía térmica (ata a sala de caldeira existente se se conecta a ela ou, no caso
contrario, ao punto de entrada ao edificio) e, se for o caso, o custo dos sistemas para a
conexión coas salas de caldeiras existentes. A obra civil necesaria da sala de caldeiras.


Con respecto a enerxía solar térmica: Considéranse nesta alínea as instalacións que aproveitan a radiación solar para o quentamento dun fluído mediante paneis solares planos ou tubos de baleiro, sempre que a súa utilización conduza a un aforro dun combustible convencional.
Non serán subvencionables aquelas instalacións destinadas á xeración de auga quente
sanitaria (AQS) ou climatización de piscinas que sexan obrigatorias.

As instalacións solares destinadas ao apoio á calefacción no sector doméstico e terciario unicamente serán subvencionables se utilizan emisores de baixa temperatura de deseño (menores de 50 ºC), como chan radiante, radiadores de baixa temperatura ou fan coils.

Non serán subvencionables aquelas instalacións destinadas ao quentamento da auga de piscinas descubertas.


Contía da axuda:

- Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) 80 %
- Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica: 50 %.
No caso de pequenas empresas, a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e, no caso de medianas empresas, en 10 puntos porcentuais:

Prazo de presentación: ata o día 3 de agosto de 2020.

Máis información:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN421G


Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS PARA A APICULTURA

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores. b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2017 Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170328/AnuncioG0426-170317-0002_gl.pdf

AXUDAS A FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS PARA O SEU FUNCIONAMENTO E PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

Obxecto: subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro. A contía da subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xullo