Ir al contenido principal

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021. VI432A

 Prazo de presentación: Ata o 3 de maio de 2021.

a) Liña A, axudas ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.

 b) Liña B, axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.

Requisitos: 

a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.

 b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, e cuxos efectos económicos sexan anteriores ao último día de prazo de presentación de solicitudes. 

c) Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo que se conceda a axuda. Para estes efectos, tanto a persoa beneficiaria como as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento na data da presentación da solicitude. 

d) Que a renda mensual da vivenda alugada non supere os importes establecidos no artigo 10 das bases reguladoras. 

e) Que os ingresos das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a dúas veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM). . Este límite será de catro veces o IPREM se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade: i) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %. ii) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %

f) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicadores previstos no artigo 12.4 das bases reguladoras.

Non se poderá conceder a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atope nalgunha das situacións que a continuación se indican: 

a) Ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e se obtivo por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito as persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade de convivencia.

 b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.

 c) Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora. 

d) Ser inquilina dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera Administración pública. 

e) Ter sido beneficiaria das axudas de calquera das dúas liñas deste programa ao abeiro de convocatorias anteriores realizadas con financiamento do Plan 2018-2021. Exceptúanse deste suposto as persoas que xa non forman parte da unidade de convivencia da persoa beneficiaria da axuda. 

f) Non atoparse ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.  

Duración das axudas e retroactividade das axudas 

 As axudas de ambas as dúas liñas concederanse por un prazo máximo dun ano e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2021, data de remate da vixencia do Plan 2018-2021.

 De conformidade co previsto no artigo 9 das bases reguladoras, estas axudas terán carácter retroactivo nos seguintes termos: – Naqueles casos en que se dispoña dun contrato con efectos económicos anteriores ao 1 de xaneiro de 2021, a axuda terá efectos desde o 1 de xaneiro de 2021. – Para os contratos asinados entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude, a axuda terá efectos desde a data en que comecen os efectos económicos do contrato.

Publicación no DOG

Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

 Se establecen dos tipos de apoyo a las personas trabajadoras autónomas: 1ª. Para las que cesaron en su actividad y van a volver a emprender un negocio como personas trabajadoras autónomas y son demandantes de empleo en el momento previo a la nueva alta como persona trabajadora autónoma. Su finalidad es facilitar la vuelta a la actividad económica a la persona emprendedora a quien le fue mal en su anterior negocio pero que tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender, en el mismo o en diferente sector. 2ª. Para las que estén de alta como personas trabajadoras autónomas y quieren volver a emprender en otro sector. La finalidad es facilitar el cambio de actividad económica a la persona emprendedora que desea cambiar su actividad, tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender y quiere hacerlo en otros sectores económicos como los considerados emergentes o vinculados a la economía circular, entre otros. Los apoyos del p...

Axudas para implantar a responsabilidade social, a igualdade e a conciliación

Nesta convocatoria poderán ser subvencionables as accións que se realicen entre o 1 de xaneiro de 2019 e o final do prazo de xustificación das actividades, o cal rematará o 31 de outubro de 2019, agás que, tal e como establece o artigo 35 da citada Orde, na resolución de concesión se indique unha data posterior.  Tres liñas de axudas Esta Orde conta cun orzamento total de 1.504.198 euros e estrutúrase en tres liñas: Liña I: Certificacións de RSE: Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de RSE. Subvencionarase o 80% dos custos que leve consigo o proceso de certificación ou verificación, cun máximo de 3.000 euros por empresa ou grupo de empresas. Accede á súa solicitude a través desta ligazón . Liña II: Elaboración e implantación de plan de igualdade , tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior ...