Ir al contenido principal

Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas


Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cesamento, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:
a) Que teñan 63 anos ou máis.
 b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.
c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio. No caso das persoas traballadoras autónomas societarias, para ser beneficiarios desta axuda, a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade. No caso de transmisión do negocio por ter a persoa traballadora autónoma 63 anos ou máis, debe levar máis de 48 meses de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA).
Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) tras a súa adquisición.
Subvencións
1. A persoa transmisora e a persoa adquirente terán unha axuda consistente no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € para a persoa transmisora e de 1.500 € para o adquirente. No caso de que o negocio teña varias persoas donas a axuda consistirá no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € por negocio. Se o negocio ten varias persoas adquirentes para explotalo conxuntamente a axuda será de 1.500 € por negocio. Na solicitude deberá indicar se solicita a axuda como persoa transmitinte do negocio ou como persoa adquirente do negocio.
2. O asesoramento poderá ser efectuado por empresas, entidades ou profesionais adicados ao asesoramento e polas asociacións de traballadores autónomos.
3. O asesoramento deberá plasmarse nun contrato que deberá ter as cláusulas obrigatorias que figuran na orde reguladora.

Prazo de presentación: ata o 30 de setembro de 2018.
A concesión será por orde de presentación das axudas.
As solicitudes deben presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos



Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180621/AnuncioG0424-080618-0002_gl.pdf