Ir al contenido principal

Subvencións do programa de apoio á implantación do informe de avaliación de edificios. Plan estatal 2013-2016.


1. Esta resolución ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións do Programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios para a anualidade 2017.
2. Estas subvencións están destinadas a cubrir parte dos gastos dos honorarios profesionais derivados da emisión dun informe de avaliación dos edificios que inclúa a análise das condicións de accesibilidade, eficiencia enerxética e do seu estado de conservación.
Beneficiarios:
Poderán obter a condición de persoas ou de entidades beneficiarias destas axudas as comunidades de propietarios/as e as agrupacións de comunidades de propietarios/as, legalmente constituídas, así como as persoas físicas propietarias únicas de edificios de carácter predominantemente residencial, que conten co informe de avaliación do edificio na data de presentación da solicitude e que cumpran os demais requisitos sinalados no artigo 4 das bases reguladoras.
Requisitos:
Non poderán obter a condición de persoas ou de entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou aquelas a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.

Prazo de solicitudes: ata o 14 de agosto de 2017

Entradas populares de este blog

Ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas para el año 2022

  Resolución de la convocatoria:  Resolución del 15 de marzo de 2022, de la Secretaría Xeral de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se procede a su convocatoria para el año 2022. Entidad:  Secretaría Xeral da Emigración Fecha de publicación:  29.03.2022 Estado:  Procedimiento abierto Objeto de la ayuda: La Secretaría Xeral da Emigración convoca ayudas dirigidas a personas emigrantes gallegas retornadas que carezcan de recursos suficientes para el año 2022. Personas beneficiarias: 1. Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las siguientes personas que, residiendo fuera de España con nacionalidad española, se establezcan en la Comunidad Autónoma gallega: a) Las personas gallegas y nacidas en Galicia. b) Los cónyuges o personas con unión análoga a la conyugal de las personas gallegas y nacidas en Galicia. c) Los/las descendientes por consanguinidad de...

AXUDAS PARA A APICULTURA

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores. b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2017 Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170328/AnuncioG0426-170317-0002_gl.pdf

AXUDAS A FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS PARA O SEU FUNCIONAMENTO E PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

Obxecto: subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro. A contía da subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xullo