Ir al contenido principal

Entradas

TR342C - Programa de incentivos á contratacion por conta allea e á formación

  Programa I: Incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C). Este programa ten, pola súa vez, dúas liñas: unha de incentivos á contratación por conta allea e outra de incentivos ás accións formativas no centro de traballo: – Liña de incentivos á contratación por conta allea. Inclúe catro tipos de axudas compatibles entre si, sempre que a persoa traballadora pola que se solicitan os incentivos non sexa a mesma: 1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social. 2. Incentivos á contratación temporal, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e pe...

Subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas 2022. MR708A

Axudas orientadas á ampliación e/ou modernización de empresas mediante a adquisición de maquinaria e equipamento destinado a actividades non agrícolas, co fin de reforzar o tecido empresarial no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos e á consolidación dos existentes e, en última instancia, consolidar e impulsar a dinamización económica dos territorios rurais. Prazo de solicitude ata: 25/02/2022   Dirixido a: Microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural. Persoas físicas que residan nunha zona rural Porcentaxe máximo da axuda: 45 Orzamento mínimo da actuación: 10.000 euros Persoas e entidades beneficiarias:  1. Poderán ser beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras, sempre que cumpran os demais requisitos previstos nelas:  a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2021.   b) Persoas físicas q...

GALICIA RURAL EMPRENDE - CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS (2022)

 Prazo de presentación: Ata o 8 de marzo de 2022. Estas axudas están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020.  Proxectos obxecto de apoio 1. Serán subvencionables os proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación de actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais. Con carácter xeral, serán subvencionables as seguintes actividades: a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación. b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do...

TR341D - Promoción e consolidación do emprego autónomo

  Data de publicación:  30/12/2021 Data inicio de solicitude:  31/12/2021 Data remate solicitude:  30/09/2022 Obxecto A publicación deste programa é establecer as bases e convocar a axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral. Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022, ambos inclusive. Características da axuda Co obxecto de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlles ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese para todas aquelas persoas que teñan a co...

Programa do bono das persoas autónomas - 2022

 TR341Q DOG do 30/12/2021 Data inicio solicitude:  14/01/2022 Data fin solicitude:  14/02/2022 O procedemento de concesión das axudas é de concorrencia non competitiva. Características da axuda Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade que se vaia subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria. Esta axuda terá dúas liñas de actuación: Liña 1, mellora da competitividade a través dos seguintes servizos: Plan estratéxico do negocio. Plan de reorientación do negocio. Plan de refinanciamento. Plan de márketing. Plan de eficiencia enerxética. Plan de biodiversidade. Plan de comunicación do negocio. Plan de transformación dixital. Tamén se poderán subvencionar outros estudos e plans que teñan como fin aumenta...

Subvenciones para inversiones en equipamientos post covid de los establecimientos hosteleros financiadas al 100 % en el marco del eje REACT‑UE del programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte de la respuesta de la UE a la pandemia de la COVID-19

Ayudas en régimen de concurrencia no competitiva. Financiadas al 100 % en el marco del eje REACT-UE del programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte de la respuesta de la UE a la pandemia de la COVID-19, y se anuncia su convocatoria para el año 2021 (código de procedimiento TU503E ).  Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las microempresas, pequeñas y medianas empresas según la definición establecida por la Comisión Europea en el anexo I del Reglamento (UE) 651/2014 (incluye autónomos que cumplan la condición de pequeña empresa) del sector de la hostelería que tengan su domicilio social o un centro de trabajo en Galicia, donde deberán desarrollar las actividades para las que se solicita la ayuda, que reúnan los requisitos establecidos en estas bases y que hayan autorizado o clasificado, conforme establezca la normativa turística en el Registro de Empresas y Actividades Turísticas de la Xunta de Galicia (en adelante, REAT), el establecimiento turístico para el cual se s...

Subvencións ao sector da hostalaría para a promoción da dixitalización e o márketing dixital

 O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.  Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021 con respecto aos conceptos seguintes:  1.1. Instalación de novos PMS (Property Management System).  1.2. Integración de PMS actuais.  1.3. Instalación de novos CRM (Customer Relationship Management) integrados con PMS.  1.4. Instalación de novos CRM non integrados con PMS.  1.5. CMR integrado con PMS e ferramentas de Big Data e Chatbots intelixentes.  1.6. Produtos/servizos de márketing orientados a captar e fidelizar novos mercados e clientes:  – Estudos de mercado (internacionalización, análise de competencia, benchmarking...) . – Estudos de comportamento e satisfacción de clientes (enquisas, mistery shopper, focus group...).  – Sistemas de marketing automation.  – Xestión profesionalizada de RR.SS....