Ir al contenido principal

Entradas

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS EMPRESARIAIS E DE AUTOEMPREGO. Proxecto emprendOU

Subvencións   en réxime de concorrencia non competitiva , a persoas físicas que leven a cabo proxectos empresariais e/ou de autoemprego en municipios rurais na provincia de Ourense durante o exercicio 2019, no marco do proxecto EmprendOu. Requisitos dos beneficiarios e dos proxectos empresariais. 1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas que, a partir do 8 de xaneiro de 2019, desenvolvan actividades empresariais ou profesionais por conta propia sempre que cumpran ademáis os seguintes requisitos, referidos á data de inicio da actividade   subvencionable ou á data específica que se indica en cada caso: a) Ser maior de 16 anos e menor de 30 anos de idade. b) Atoparse inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil c) Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou de Suíza, ou ser estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habil...

Bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para gastos de investimento de asociación veciñais de Ourense correspondentes ao exercicio 2019

Poderán ser beneficiarias das subvencións as asociación veciñais que reúnan os seguintes requisitos na data de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria: a) Estar inscritas no Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense, dependente da Xunta de Galicia. b) Ter o seu domicilio social na provincia de Ourense, circunstancia que deberá constar na inscrición no rexistro da Xunta de Galicia. O prazo improrrogable de presentación rematará o 28 de xuño de 2019 Consideraranse subvencionables todos os gastos de capital propios da asociación veciñal que correspondan ao exercicio 2019, debendo ter sido contraída a obrigación correspondente e emitida a oportuna factura dentro deste exercicio. Terán a consideración de gastos de capital todos os que supoñan un incremento do patrimonio da asociación, tales como obras de calquera clase, adquisición de inmobles ou adquisición de bens mobles de carácter inventariable. Máis información https://bop.depourense.es/portal/...

Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019

Axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que unha vez finalizado o seu período de descanso por nacemento contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral. Mediante a presente axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial. Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano unha vez rematado o seu período de descanso por nacemento, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde. Serán subvencionables as contratacións que se realicen cunha duración mínima de seis meses que cumprindo cos requisitos enumerados no parágrafo anterior se inicien entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019. O imp...

Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos. O prazo de presentación remata o 27 de maio. Información ás persoas interesadas: Nos teléfonos 981 54 55 57 ou 981 54 59 15 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo. Requisitos: Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de quea actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II. No caso de actuacións de posta en marcha de expansión comercial previstas no artigo 4.3, deberán exercer a actividade comercial de forma ininterrompida nos últimos dous anos, contados a partir da data de fin do prazo de presentación de solicitudes. d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadra...

CONVOCATORIA DO PROGRAMA EMPREGA MULLER PARA A CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA E A FORMACIÓN DE MULLERES DESEMPREGADAS

ORDE do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR350A). Obxecto, finalidade e principios de xestión Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á súa convocatoria para o 2019 dos incentivos á súa contratación por conta allea. Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación (procedemento TR350A). Inclúense dous tipos de axuda compatibles: a) Bono de contratac...

AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES. GALICIA EMPRENDE 2019

 Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.  Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben que, aínda desempeñando unha actividade económica por conta propia no momento da solicitude de axuda, tanto a alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) coma o alta censual non superen os 42 meses na data de presentación da solicitude de axuda. Os autónomos societarios non teñen a condición de novo emprendedor. Considérase nova peme, para os efectos destas bases, aquela en que tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses n...

Programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais e ás temporais cunha duración inicial mínima de doce meses que se celebren desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019 con persoas desempregadas menores de 30 anos. Deberá ser a tempo completo. Inclúense dous tipos de axuda compatibles: a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos. b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo. As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e o 9 de abril de 2019 deberán presentarse ata o día 10 de xuño de 2019. As axudas previstas p...