Ir al contenido principal

Entradas

SUBVENCIÓNS DESTINADAS A INCENTIVAR O TURISMO DE AVENTURA, ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE

Liña A): Investimentos para a mellora das infraestruturas para actividades hípicas, náuticas, golf e oferta turística complementaria. Liña B): Investimentos para a redacción de proxectos para a creación de campos de golf. Liña C): Investimentos para a adquisición e/ou renovación de activos fixos (bicicletas, piraguas, embarcacións, material golf, sendeirismo, centros BTT,etc) Liña D): Creación de novas ofertas e novos produtos así como a implementación de novas tecnoloxías para a xestión e comercialización do produto ofertado. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21 de xullo de 2011

IV XUNTANZA DOS NOSOS MAIORES

Celebrarase o sábado 9 de xullo, a partir das 10:00 h. no Balneario de Cortegada. Actividades: Paseo en catamarán polo Río Miño; xantar; narración oral cómica de Olga Abad, campionato de tute, brisca e baile Inscrición: No Concello de Cortegada. tlf 988483001 Data límite: 4 de xullo Prezo censados 10€; non censados 15€

SUBVENCIÓNS AOS PROGRAMAS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 28 de xullo. Medidas subvencionables: 1. Fomento de actividades turísticas. Beneficiarios: asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas en promover actividades turísticas no medio rural. Axuda máxima do 75% 2. Servizos básicos para a economía e a poboación rural Beneficiarios: Asociacións, fundacións, comunidades veciñais de montes en man común e entidades privadas sen ánimo de lucro. Asociacións e confederacións de empresarios. Concellos e mancomunidades de concellos. Axuda máxima do 100% para as entidades públicas e de ata o 75% para outros beneficiarios. 3. Conservación e mellora do patrimonio rural. Beneficiarios: asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común Axuda de ata o 100%

Subvencións a establecementos para implementar normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de calidade turística

Beneficiarios: establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso, hoteis-balneairo, balnearios, cafetarías, bares, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre que conten con clasificación turística expedida pola Conunidade Autónoma galega e que sean pequena ou mediana empresa. Prazo presentación solicitudes: 13 de xullo de 2011

AXUDAS A FUNDACIÓNS, ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS PARA O SEU FUNCIONAMENTO E PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES CULTURAIS

Obxecto: subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro. A contía da subvención non poderá ser superior á cantidade solicitada ou ao 75% do orzamento total da actividade subvencionable Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xullo