Prazo de presentación: Ata o 8 de marzo de 2022. Estas axudas están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020. Proxectos obxecto de apoio 1. Serán subvencionables os proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación de actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais. Con carácter xeral, serán subvencionables as seguintes actividades: a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación. b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do...
Blog do Concello de Cortegada, onde atoparás información sobre subvencións e eventos que poidan ser do teu interese