Obxecto: convocatoria de axudas para a adquisición de vehículos eléctricos novos, entendendo como tales aqueles cuxa enerxía de propulsión procede, total ou parcialmente, da electricidade das súas baterías, cargadas a través da rede eléctrica. Beneficiarios: a) As persoas físicas. No caso dos profesionais autónomos, haberán de estar dados de alta no Imposto de Actividades Económicas. b) As entidades privadas con personalidade xurídica propia e co seu correspondente Código de Identificación Fiscal. c) As Administracións públicas, as sociedades ou entidades que teñan consideración de carácter público estatal, autonómico ou local. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/11/2011 ou ata o esgotamento dos fondos.
Blog do Concello de Cortegada, onde atoparás información sobre subvencións e eventos que poidan ser do teu interese