Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2021

Subvenciones para inversiones en equipamientos post covid de los establecimientos hosteleros financiadas al 100 % en el marco del eje REACT‑UE del programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte de la respuesta de la UE a la pandemia de la COVID-19

Ayudas en régimen de concurrencia no competitiva. Financiadas al 100 % en el marco del eje REACT-UE del programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte de la respuesta de la UE a la pandemia de la COVID-19, y se anuncia su convocatoria para el año 2021 (código de procedimiento TU503E ).  Podrán ser beneficiarias de estas ayudas las microempresas, pequeñas y medianas empresas según la definición establecida por la Comisión Europea en el anexo I del Reglamento (UE) 651/2014 (incluye autónomos que cumplan la condición de pequeña empresa) del sector de la hostelería que tengan su domicilio social o un centro de trabajo en Galicia, donde deberán desarrollar las actividades para las que se solicita la ayuda, que reúnan los requisitos establecidos en estas bases y que hayan autorizado o clasificado, conforme establezca la normativa turística en el Registro de Empresas y Actividades Turísticas de la Xunta de Galicia (en adelante, REAT), el establecimiento turístico para el cual se solic

Subvencións ao sector da hostalaría para a promoción da dixitalización e o márketing dixital

 O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.  Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021 con respecto aos conceptos seguintes:  1.1. Instalación de novos PMS (Property Management System).  1.2. Integración de PMS actuais.  1.3. Instalación de novos CRM (Customer Relationship Management) integrados con PMS.  1.4. Instalación de novos CRM non integrados con PMS.  1.5. CMR integrado con PMS e ferramentas de Big Data e Chatbots intelixentes.  1.6. Produtos/servizos de márketing orientados a captar e fidelizar novos mercados e clientes:  – Estudos de mercado (internacionalización, análise de competencia, benchmarking...) . – Estudos de comportamento e satisfacción de clientes (enquisas, mistery shopper, focus group...).  – Sistemas de marketing automation.  – Xestión profesionalizada de RR.SS. (redes sociais).  – Publicidade en liña.  – Campañas

Programa II. Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e formación de persoas asalariadas (TR349F)

 Inclúense dous tipos de axuda compatibles: a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.  b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.  Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e o 4 de agosto de 2021 deberán presentarse ata o 4 de outubro de 2021. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde o día 5 de agosto de 2021 deberán solicitars

Consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo.

 TR341D As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por medios electrónicos. As subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas. Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidos, se formalicen desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021, ambos inclusive. Requisitos:  -Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral. -  Que non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dit

Fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede. xunta.gal. As subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas. Para os efectos do Programa I terán a consideración de empresas de nova creación aquelas que inicien a actividade empresarial desde a data do 1 de agosto de 2020. Entidades beneficiarias  1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos. Entre outros os seguintes: -Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotores non figure ningunha persoa xurídica.  - Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.  - Q

III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19

  Estas axudas directas terán carácter finalista e deberán aplicarse a satisfacer a débeda e realizar pagamentos a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como os custos fixos en que se incorrese, sempre e cando estes fosen devindicados entre o 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021 e procedan de contratos anteriores á entrada en vigor do Real decreto lei 5/2021 do 12 de marzo. En primeiro lugar, satisfaranse os pagamentos a provedores, por orde de antigüidade e, se procede, reducirase o nominal da débeda bancaria, primando a redución da débeda con aval público.   As axudas concederanse por orde de entrada da solicitude. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021, ambos inclusive.   Persoas beneficiarias   1. Poderán ser beneficiarios das axudas directas previstas nesta orde: a) As persoas traballadoras autónomas, empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva no impo

Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos

 MT402A. DOG 13/04/2021 Axudas en réxime de concorrencia non competitiva. Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:  • Tratamento de paredes medianeiras vistas, mediante cobertura con materiais de revestimento, pintado ou tratamento vexetal, adaptadas aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia.  • Revestimento e pintado de fachadas actualmente rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir, adaptados aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia.  • Renovación do acabamento exterior das fachadas de edificacións (paramentos e carpintarías) que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento, para substituílo por solucións adaptadas á Guía de cor e materiais de Galicia.  • Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento, mediante a instalación ben de tella cerámica, ben de lousa, en función do material tradicional da comarca, de acordo coas recomendacións

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021. VI432A

 Prazo de presentación: Ata o 3 de maio de 2021. a) Liña A, axudas ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.  b) Liña B, axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Requisitos:  a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.  b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, e cuxos efectos económicos se

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas e de Subvencions COVID-19 para mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega.

 Procedemento de concesión:  réxime de concorrencia non competitiva. Prazo de presentación: 30 de setembro de 2021 DOG 29 de marzo de 2021  Subvencións dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma galega:   – Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia. A data de retorno a España debe ser a partir do 1 de xaneiro de 2019, incluído, e que a persoa solicitante non fose beneficiaria desta subvención en convocatorias anteriores.  Contía da subvención de 5.000 euros.  O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:  a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.  b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun conce

Subvencións do programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021

Prazo de presentación: ata o día 22 de abril de 2021. Non obstante o anterior, o prazo de presentación de solicitudes rematará, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria Actuacións subvencionables . 1 . Consideraranse actuacións subvencionables para o fomento da conservación , as seguintes actuacións: a) As relativas ao estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións. b) As relativas ao estado de conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianerías, incluíndo procesos de desamiantado. c) As relativas á adecuación interior da vivenda unifamiliar, agrupada en fila ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente esixidas. 2. Consideraranse subvencionables para a mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade , as seguintes actuacións: a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesi

Exención no canon da auga e coeficiente de vertedura

Poderán solicitar a exención do canon da auga e coeficiente de vertedura os titulares de consumos de auga nos seguintes establecementos, nos supostos en que visen diminuída significativamente a súa actividade: a) Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías e bares. b) Establecementos de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos. c) Hoteis e aloxamentos turísticos (inclúense os Balnearios) d) Albergues turísticos.  Requisitos Os consumos realizados sexan iguais ou inferiores ao 25 % do consumo realizado no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro de 2020 , no caso de que dispoñan de contador. Período de exención . O período de exención do canon da auga e coeficiente de vertedura é o comprendido entre o 5 de novembro de 2020 e a data en que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 d

Programa II. Microempresas (código de procedemento TR500B). II Plan de rescate das persoas autónomas e das Microempresas

Enlace ao DOG Establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que, de acordo coa finalidade e co obxecto do programa,   non resulta necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.  Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido. O prazo de presentación ábrese o día 19 de febreiro de 2021. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formula

Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A). II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19

 Establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que, de acordo coa finalidade e co obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.  Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido. O prazo de presentación ábrese o día 19 de febreiro de 2021. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado

Axudas extraordinarias e de reforzo COVID-19 a persoas emigrantes galegas retornadas (DOG 17/02/2021)

  – Liña 1 «Axudas extraordinarias»: teñen por finalidade axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno.   – Liña 2 «Axudas reforzo COVID-19»: teñen por finalidade apoiar a unidade familiar polas dificultades de inserción sociolaboral no contexto actual de pandemia. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva. A concesión destas axudas efectuarase atendendo en todo caso á data de presentación de cada unha das solicitudes con toda a documentación relacionada no artigo 9 e estará, en calquera caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario. Persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:   a) As persoas galegas e nacicidas en Galicia.   b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nadas en Galicia. c)

NOVA: As empresas poderán comunicar desde o día 6 de febreiro ante a Xunta o cambio de ERTE sen necesidade de tramitar un novo expediente

Simplifícase a tramitación dos cambios entre modalidades de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) promovidos polos empresarios para adaptarse ás medidas sanitarias decretadas en cada momento. O novo procedemento ponse a dispor dos interesados por medio da Sede Electrónica da Xunta. As empresas poderán trasladar á Xunta o cambio na situación dos seus traballadores sen necesidade de iniciar un novo expediente, o que permitirá á Autoridade Laboral galega tramitar con maior axilidade as súas peticións para dar traslado das mesmas ao Goberno do Estado, para que as execute e proceda aos pagos das prestacións. Mediante este mecanismo basta con que os empresarios aporten a data de efecto do cambio, os centros e persoas afectadas e xustifiquen que as novas circunstancias son de coñecemento dos representantes das traballadoras e traballadores. A empresa deberá aplicar as porcentaxes de exoneración das cotas da Seguridad Social correspondentes, en función do tipo de ERTE vixente e

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos esteblecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

Prazo de presentación: ata o 4 de marzo de 2021 1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos: a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos , de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. Enlace á Lei 7/2011.  https://www.boe.es/buscar/pdf/2011/BOE-A-2011-19058-consolidado.pdf 2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021 e en ningún caso se admi

Subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021

 Estas axudas xestionaranse coa intervención de entidades colaboradoras. Convócanse en réxime de concorrencia non competitiva. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 3 de marzo, ás 9.00 horas, e finalizará o 1 de xullo de 2021. O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos para subministración en vivendas ou inmobles de carácter residencial. 1. Serán subvencionables:  a) Os paneis solares fotovoltaicos.  b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipamentos de medidas, etc), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistema de acumulación con baterías  c) O resto de accesori

Axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021 (VI435A)

 A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto nesta convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 3 de febreiro de 2021 e rematará o 1 de setembro de 2021 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario. A subvención máxima que se concederá será de 10.800 euros. 1. Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que, tendo menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude, reúnan os seguintes requisitos :  a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España b) Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM).  Este límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral

Axudas para proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares (DOG 18/01/2021)

Apertura:  01/03/2021 - 01/07/2021 As solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro da solicitude, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.  As solicitudes de axudas presentaranse polas entidades colaboradoras. O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, aerotermia ou a solar térmica. En concreto, os proxectos de biomasa que se subvencionarán son os do grupo: A1 estufas de aire, cociñas calefactoras, A2 cambio de queimadores existentes que non sexa de biomasa, B1 equipamentos

IN417Y - Subvencións para auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industria e servizos, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos  (código de procedemento IN417Y). 2. Convocar para o ano 2021, en réxime de concorrencia non competitiva , segundo o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos. As solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro da solicitude, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas. Proxectos que se subvencionan 1.Proxectos de aforro e eficiencia enerxética a) Serán elixibles os custos de investimentos adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxé