Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2011

II FEIRA DE ARTESANÍA

Este ano o Concello de Cortegada celebra a segunda edición da feira de artesanía o día 21 de agosto. O Concello porá a disposición dos artesáns que o desexen, un posto de xeito gratuíto e convidáselle a xantar (duas persoas por posto) Os stands colocaranse na Praza Bos Aires de Cortegada, e haberá máis de 25, adicados a marroquinería, bisutería, licores, decoración, cosmética... Ademais poderase disfrutar da gastronomía típica de Cortegada e dos marabillos caldos do Ribeiro. Así coma de actuacións de música tradicional, teatro, obradoiros para nenos... Aquelas persoas que desexen facer uso de un deles, deben enviar os seus datos (nome, DNI, e artigos de venda) ao correo adl.concello.cortegada@eidolocal.es ou ao número de fax 988483217. Os postos serán outorgados a cada artesán por orde de inscrición. Para máis información poden chamar ao telef 988483001 (Diana Rodríguez)