Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración

Por medio desta orde as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación. Prazo de presentación: As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 16 de outubro de 2018 e o 20 de marzo de 2019 deberán presentarse ata o 20 de maio de 2019. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde o 21 de marzo de 2019 deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola que se solicita subvención. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado. As axudas son en réxime de concorrencia non competitiva. As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica. a)     Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha s