Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2017

Axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo

Axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo que establece que a cota por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que causen alta inicial ou que non estivesen en situación de alta nos cinco anos inmediatamente anteriores, contados desde a data de efectos da alta, no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, se reducirá á contía de 50 euros mensuais durante os 6 meses inmediatamente seguintes á data de efectos da alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda. Mediante a presente axuda, permitirase que a persoa traballadora por conta propia goce das reducións indicadas no parágrafo anterior durante un máximo de 6 meses adici

AXUDA Á PREVENCIÓN DE ATAQUES DE ESPECIES SILVESTRES

A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO ven de publicar o pasado 17 de agosto a ORDE do 4 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2017. Estas axudas van destinadas a gandeiros (vacas, ovellas, cabras, cabalos e porcos celtas) e agricultores para a protección do seu gando e dos seus cultivos fronte aos ataques da fauna salvaxe (xabaril e lobo). As sociedades (SC, SAT, COOP, SL,...) deben presentar estas axudas obrigatoriamente por vía electrónica. Para iso, se non tes o teu certificado electrónico o precisas axuda, Beealia proporcionarache o sistema para rexistrar a túa solicitude así como o seguimento da axuda (requirimentos, xustificación, ...). 1-       Prevención danos lobo: a.       Mastíns e gastos de identificación (identificados no REGIAC, < 4 meses de idade, máximo 2 mastíns/explotación). Máximo 500 €/mastín

Subvencións para proxectos de expansión comercial

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 11 de setembro de 2017. A presentación de solicitudes electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores. Serán subvencionables as actuacións subvencionables sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2017 ata o 30 de novembro de 2017. Consideraranse actuacións subvencionables a posta en marcha de proxectos de expansión comercial. Considérase proxecto de expansión comercial a apertura dun novo establecemento comercial por comerciantes retallistas titulares de establecementos que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida. Os proxectos de expansión comercial poderán basearse no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo. En todo caso, os

Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral

Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia. Solicitudes:  as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal . As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 11 de agosto de 2017 deberanse presentar ata o 11 de setembro de 2017. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde o 12 de agosto de 2017 deberán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie

Subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro).

Programa I. Promoción do emprego autónomo. Co obxecto de axudar as persoas desempregadas ao inicio e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese unha contía base de 4.000 € para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias. Esta contía poderá aumentarse nun 25%. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro. Programa II. Fomento da contratación por conta allea Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais e as contratacións temporais realizadas desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e As transformacións en indefinidos dos contratos temporais realizados desde o 1 de outubro de 2016 e subvencionados ao abeiro deste programa, sempre que a transformación se formalice ata o 30 de setembro de 2017, formalizadas con persoas moz

Axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia (DOG 4 AGOSTO)

Liñas de actuación: a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. b) Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competividade en empresas constituídas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora. c) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contex

PROGRAMA BONO DAS PERSONAS AUTÓNOMAS ANO 2017

Beneficiarios: As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF, anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria. Quedan excluídos desta orde: a) Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas que non teñan a condición de traballadores por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro. b) Os traballadores economicamente dependentes a que se refire o capítulo III do título II da Lei 20/2007,