Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2018

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021

a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizadonos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.   A contía da axuda para a liña A, axuda ao alugamento de vivenda, será do 40 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. Non obstante, para as persoas beneficiarias que na data de presentación da solicitude teñan máis de 65 anos, esta axuda será do 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanent

PROGRAMA BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS ANO 2018

Obxecto Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Persoas beneficiarias As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional  de maneira ininterrompida a data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e  que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF, anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima  anual de 12.000 euros IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria. Quedan excluídas desta orde: a) Os familiares que, de xeito habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas, que non teñan a condición de traballadores por conta allea conforme ao establecido no art. 1.3e) do Texto Refundido da Lei do