Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Programa do bono nova oportunidade

As axudas consistirán en: a) Bono apoio: concederase unha axuda de 6.000 € ás persoas que estiveran inscritas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego antes da data de solicitude ou da data de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional para persoas que se deron de alta antes da entrada en vigor da orde. b) Bono formación: a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 6.000 € para realizar un mínimo de 70 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada no prazo comprendido de tres meses antes da alta ata o 31 de outubro de 2020. O gasto orixinado de

AXUDAS PARA MENORES DE 35 ANOS PARA ADQUIRIR UNHA VIVENDA NUN CONCELLO DE MENOS DE 5.000 HABITANTES

As bases reguladoras das subvencións obxecto desta convocatoria están recollidas na seguinte resolución: - Resolución do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento VI435A), publicada no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 8, do 11 de xaneiro de 2019. 1. Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que, tendo menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España. b) Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o Indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM). Este límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de