Ir al contenido principal

III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19

 

Estas axudas directas terán carácter finalista e deberán aplicarse a satisfacer a débeda e realizar pagamentos a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como os custos fixos en que se incorrese, sempre e cando estes fosen devindicados entre o 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021 e procedan de contratos anteriores á entrada en vigor do Real decreto lei 5/2021 do 12 de marzo. En primeiro lugar, satisfaranse os pagamentos a provedores, por orde de antigüidade e, se procede, reducirase o nominal da débeda bancaria, primando a redución da débeda con aval público.

 

As axudas concederanse por orde de entrada da solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021, ambos inclusive.

 

Persoas beneficiarias

 1. Poderán ser beneficiarios das axudas directas previstas nesta orde: a) As persoas traballadoras autónomas, empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva no imposto sobre a renda das persoas físicas que exerzan unha actividade económica das incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo.

b) As persoas traballadoras autónomas, empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva no imposto sobre a renda das persoas físicas que exerzan unha actividade económica que non estean incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, e teñan unha caída do volume de operacións anual, declarado ou comprobado, dun 40 %, ou máis, no ano 2020 respecto do ano 2019.

c) Todas aquelas persoas traballadoras autónomas, profesionais, empresas e entidades que exerzan unha actividade económica das incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, que teñan unha caída do volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no imposto sobre o valor engadido ou tributo indirecto equivalente de máis dun 30 % no ano 2020 respecto do ano 2019.

d) Todas aquelas persoas traballadoras autónomas, profesionais, empresas e entidades que exerzan unha actividade económica que non estea incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, cuxa caída do volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no IVE ou tributo indirecto equivalente sexa dun 40 % ou máis comparando o ano 2020 co ano 2019.

e) Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que continúan coa súa actividade, aínda que non estean de alta no momento de presentación da solicitude e estean de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses nalgún dos anos 2019 ou 2020. Para os efectos desta orde, ás persoas traballadoras autónomas que estean de alta durante un período superior a 9 meses aplicaráselle o réxime xeral e non o de tempada.

f) Poderán seren beneficiarias as persoas traballadoras autónomas e empresas dadas de alta ou creadas entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de marzo de 2020 e empresas que teñan realizado unha modificación estrutural da sociedade mercantil entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020.

3. Non terán a condición de beneficiarias, quedando excluídas do ámbito de aplicación desta orde:

a) As persoas traballadoras autónomas colaboradoras ou societarias.

b) As empresas financeiras.

 c) As empresas en crise, salvo nos supostos a que se refiren os arts. 3.2 e 10.3 desta orde.

 d) De conformidade co establecido no número 1.3 da Orde HAC/348/2021, do 12 de abril, con respecto ás entidades en réxime de atribución de rendas no imposto sobre a renda das persoas físicas, non poderán ser beneficiarios os comuneiros, herdeiros ou partícipes de sociedades civís. Neste caso a beneficiaria directa da axuda será a entidade solicitante.

e) As persoas traballadoras autónomas, entidades e grupos consolidados que na declaración do imposto sobre a renda de persoas físicas correspondente a 2019 teñan declarado un resultado neto negativo polas actividades económicas en que se tiver aplicado o método de estimación directa para a súa determinación ou, se for o caso, teñan un resultado negativo no dito exercicio na base impoñible do imposto de sociedades ou do imposto da renda de non residentes antes da aplicación da reserva de capitalización e compensación das bases impoñibles negativas.

Excepcionalmente, poderán ser beneficiarios aqueles que teñan un resultado negativo no 2019 sempre que acrediten a súa solvencia económica.

 

Requisitos das persoas beneficiarias:

-          Ter cantidades pendentes de pagamento a provedores, acredores, financeiros e non financeiros ou débeda bancaria, ou outros custos fixos que fosen devindicados entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021, e procedan de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021, e que as ditas cantidades sexan de importe igual ou superior á axuda solicitada.

-           Atoparse ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte a Seguridade Social.

 

 

Programa I. De apoio as persoas traballadoras autónomas en estimación

obxectiva (código de procedemento TR600A)

1. O obxecto deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva no imposto da renda das persoas físicas, para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.

2. Serán subvencionables os gastos realizados para:

– O pagamento da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.

– O pagamento da débeda dos custos fixos en que se incorreu.

3. Os pagamentos a que se refire o punto anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.

b) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio

de 2021.

c) Os pagamentos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude.

. A axuda concederase por un importe máximo de 3.000 euros cando se trate de empresarios ou profesionais que apliquen no réxime de estimación obxectiva no imposto da renda das persoas físicas no ano 2019.

 

 



Programa II. De apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais

e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas

traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume

de facturación de ata 2 millóns de € (TR600B)

 

Serán subvencionables os gastos realizados para:

– O pagamento da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.

 – O pagamento da débeda derivada dos custos fixos.

 

A axuda irá dende os 3.000 ata os 11.000 euros, dependendo da caída do volume de operación e do número de persoas traballadoras por conta allea.

 

 



Programa III. De apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas

con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación

de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis

de 25 persoas traballadoras (TR600C)

 

Serán subvencionables os gastos realizados para:

– O pagamento da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.

 – O pagamento da débeda derivada dos custos fixos.


Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210611/AnuncioG0599-090621-0003_gl.pdf

Entradas populares de este blog

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la ayuda tenga caráct

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018- 2021 para o ano 2019

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de outubro de 2019. Axudas para a concesión (código de procedemento VI432A) e a renovación (código de procedemento VI432B) dos seguintes programas de axudas ao alugamento de vivendas. a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económi­cos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente : a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Requisitos das persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A , axuda ao alugamento de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitu

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

 Se establecen dos tipos de apoyo a las personas trabajadoras autónomas: 1ª. Para las que cesaron en su actividad y van a volver a emprender un negocio como personas trabajadoras autónomas y son demandantes de empleo en el momento previo a la nueva alta como persona trabajadora autónoma. Su finalidad es facilitar la vuelta a la actividad económica a la persona emprendedora a quien le fue mal en su anterior negocio pero que tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender, en el mismo o en diferente sector. 2ª. Para las que estén de alta como personas trabajadoras autónomas y quieren volver a emprender en otro sector. La finalidad es facilitar el cambio de actividad económica a la persona emprendedora que desea cambiar su actividad, tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender y quiere hacerlo en otros sectores económicos como los considerados emergentes o vinculados a la economía circular, entre otros. Los apoyos del progr