Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2020

Axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións,

Liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:  a) Medida 4. Investimentos en activos físicos. – Submedida 4.1 «Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas». b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais. – Submedida 6.1 «Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas». – Submedida 6.3 «Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións».  Estas submedidas regúlanse mediante os procedementos administrativos seguintes: a) MR404A Axudas á incorporación de mozos á actividade agraria. b) MR405A Axudas para investimentos nas explotacións agrarias. c) MR405B Axudas para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de febreiro de 2020. Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200128/AnuncioG0426-080120-1_gl.pdf 1. AXUDAS Á INCORPORACIÓN DE MOZOS Á ACTIVIDADE AGRARIA: htt

Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e Programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio

DOG 07/01/2020   Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración. Axudas para a con­ tratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación (código procedemento TR349R). Inclúense dous tipos de axuda compatibles: a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración. b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo. Persoa desempregada de longa duración: aquela que na data da súa contratación por conta allea estea sen traballo e acredite un período de inscrición como desempregada no Servizo Público de Emprego de, polo menos, doce meses durante o

Programa emprega muller de incentivos á contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas.

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas (código de pro­cedemento TR350A). Inclúense dous tipos de axuda compatibles: a) Bono de contratación , por medio do cal se proporcionará unha subvención á contrata­ ción indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán ser a tempo completo e, no caso de contratos indefinidos a tempo parcial, será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación. b) Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desa orde para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transforma­ción de contratos temporai

Programa emprega xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas.

Convocatoria das subvencións e réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2020, coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.  Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, a contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses e formación por conta allea (código de procedemento TR349T). Inclúense dous tipos de axuda compatibles: a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal, cunha duración mínima inicial de doce meses, das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos. b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar

Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Axudas publicadas no DOG do 30 de decembro de 2019 Poderán ser beneficiarias das subvencións convocadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usua­rios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia (en diante, entidades), para a realización de investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos que lles corres­ponda o dereito de uso e traídas de auga veciñais, coa finalidade de mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar a participación veciñal e a cohesión social, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza.   As entidades deberán estar, en todo caso, debidamente inscritas no correspondente rexistro de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia (central ou provincial) depen­dente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e X