Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

REACTIVA SERVIZOS/TURISMO SEGURO - GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E CONFIANZA NO CONSUMIDOR

As subvencións outorgaranse a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos establecidos nestas bases ata o esgotamento dos créditos. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva. Proxectos obxecto de apoio: 1. Agás as empresas e autónomos adicados a actividades turísticas, segundo a relación detallada de actividades subvencionables contida no anexo I, os proxectos obxecto de apoio e as actuacións consecuentes deben derivarse do informe de autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que deberá achegarse xunto coa solicitude de axuda. 2. Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións: 2.1. Medidas de protección dos empregados e clientes nos espazos de traballo, tales como: • Pantallas protectoras para mostradores e zonas de caixa. • Vinilos adhesivos para a delimitación no ch

AXUDAS AOS PROXECTOS DOS COMERCIOS AO RETALLO GALEGOS PARA CONTRIBUÍR Á REACTIVACIÓN DO COMERCIO GALEGO

DOG 19/06/2020 Axudas aos proxectos dos comercios ao retallo galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor e convocar para o ano 2020 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva . Beneficiarios potenciais 1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Condicións: - Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo

Axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19)

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías: • Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out. • Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas. • Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras. • Sistemas de control de normas de calidade COVID-19. • Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation. • Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas. • Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral. • Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …). • Sistemas de baliza

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas e dos seus descendentes na Comunidade Autónoma Galega

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades mercantís, de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.  Así mesmo, ten por obxecto convocar as ditas subvencións para o ano 2020. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega: 1. As persoas galegas e nacidas en Galicia. 2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia. Obr