Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2012

AXUDAS Á SILVICULTURA EN BOSQUES NO MEDIO RURAL

Actuacións: 1. Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm. 2. Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas. 3. Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa comprendido entre os 10 e os 20 cm. 4. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 100 pés/ha 5. Tratamentos silvícolas en masas de eucalipto co obxectivo de obter madeira de calidade para serra ou chapa, en quenda de 25 anos. Prazo de solicitude: ata o 6 de febreiro de 2012.

CREACIÓN E MELLORA DE MICROEMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

Poderán ser subvencionables os investimentos relaivos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais. Os investimentos en bens de equipo, terán unha subvención básica dun 30%, que poderá incrementarse ata un máximo do 40%. Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial subvencionaranse cunha axuda dun 40% dos gastos elixibles. Prazo de presentación: ata o 5/02/2012.

PLAN VEHÍCULOS EFICIENTES 2011

Subvencións para adquisición de vehículos novos de categoría M1 e N1 ou motocicletas coas características definidas na orde reguladora. Tamén se subvencióna a transformación de vehículos novos ou usados, de categoría M1 e N1 en vehículos turismo que utilicen gases licuados do petróleo e teñan unhas emisións inferiores a 140 g de CO2/km As axudas van dende os 450 euros ata os 7.000 euros, dependendo do tipo de axuda. Prazo: ata o 12 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito orzamentario.

PLAN RENOVE DE FIESTRAS

Renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio, por outras de igual ou de inferior tamaño que dispoñan de marcado CE e, no caso de carpintarías de madeira ou PVC, o acristalamento debe cumprir algún dos seguintes requisitos: 1. dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior para vidros normais. 2. dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal baixo emisivo. No caso de carpintería metálica ten que ter rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior e dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e acristalamento baixo emisivo. A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100€/m2 de oco, cuns límites de 3.000 euros por vivenda unifamiliar/piso e 50.000 euros en edificios do sector terciario. Para casos de comunidades de propietarios ou edificios de vivendas a axuda máxima será 3.000 euros por vivenda unifamiliar/piso co máximo de 50.000 euros por edificio. En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do c

PLAN RENOVE DE ILUMINACIÓN INTERIOR

Actuacións subvencionables: - Substitución de lámpadas e luminarias convencionais por outras de maior eficiencia. - Substitución de balastos convencionais por electrónicos. - Instalación de sistemas de regulación e control a través de fotocélula e de detectores de presenza. As actuacións teñen que levar asociado unha redución anual, de ao menos un 30% do consumo de enerxía convencional en iluminación interior, garantizando un confort lumínico adecuado a tarefa a realizar. É subvencionable o material e a sua instalación. Contía da axuda: o 25% do custo elixible, cos límites establecidos na orde. A inversión mínima debe ser de 500€. Prazo para a adhesión: do 28/12/2011 ata o 09/01/2012. Prazo para a reserva de fondos: dende o 1 de febreiro ata o 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito